Estación de Monforte de Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°31′46″N 07°30′12″O / 42.52944, -7.50333

Monforte de Lemos
Estación Monforte.jpg
Vista aérea da estación de Monforte de Lemos
Situación Monforte de Lemos
Servizos Restauración Venda de Billetes
Liñas
Longa Distancia Alvia, Intercity, Trenhotel
Media distancia MD, Intercity, Rexional Exprés
Intermodalidade
Outros Taxi
Na rede
www.adif.es

Monforte de Lemos é a estación de ferrocarril máis importante en número de trens da provincia de Lugo, situada na cidade de Monforte de Lemos, e unha das máis importantes e con maior número de pasaxeiros de Galicia debido a confluencia das liñas León-A Coruña e Monforte-Redondela.

Ten servizos de Media e Longa Distancia, ademais dunha imporante función loxística derivada da súa extensa praia de vías.[1]

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase situada a 298 metros de altitude nos trazados das seguintes liñas férreas:

Historia[editar | editar a fonte]

A chegada do ferrocarril a Monforte de Lemos en 1883, foi a culminación dun proceso iniciado 25 anos antes, o 21 de abril de 1858, cando a raíña Isabel II sancionou a lei que todo ese tempo despois faría posible que o tren chegase á cidade do Cabe. O artigo primeiro desta lei establecía que o goberno adxudicará en poxa pública «a liña de primeira orde» que entre en Galicia pola Ponte de Domingo Flórez, e en Monforte bifúrquese para terminar nos portos da Coruña e Vigo.

Diferentes problemas coas concesións atrasaron o comezo e a finalización das obras. Tivo que ser o 2 de febreiro de 1880 cando o goberno fixo a adxudicación definitiva á Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España. O acordo adopta a forma de Real Decreto o 4 de febreiro. O 31 de marzo dese ano realízase unha transferencia da concesión obtida pola anterior empresa á Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León, que será a encargada de materializar a unión da Meseta con Galicia.

O 4 de agosto de 1883, en viaxe de proba, un tren fai o traxecto entre Palencia e A Coruña, co presidente do Consello de Administración da empresa adxudicataria, o Duque de Sexto, á fronte. No entanto, o momento culminante sitúase nos días 31 de agosto e 1 de setembro de 1883. No primeiro sae de Madrid ás 8,40 horas o tren inaugural, no que viaxan os Reis de España, don Afonso XII e dona María Cristina, aos que acompañan numerosas autoridades civís e militares. Ás nove e media do día 1 de setembro de 1883, o convoi fai a súa entrada na estación de Monforte, na que é recibido polas autoridades locais e numeroso público.

É motivo da concesión a Monforte do título de "cidade" polo rei Afonso XII, en orde aos esforzos nos traballos do Ferrocarril, que foi o motor da economía da cidade, ata que reestruturacións desprazaron o nudo ferroviario existente e o lugar de Mando á cidade de Ourense, mentres que o único taller de reparación de Máquinas de Galicia, foi trasladado a León.

Actualmente, aínda mantense na cidade lucense parte dos talleres. Cabe destacar que algunhas das infraestruturas que caíron en desuso, como ó depósito de máquinas, foron obxecto de remodelación e actualmente albergan o Museo do Ferrocarril de Galicia.

Está previsto polo Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte 2009-2020 do Ministerio de Fomento a chegada do AVE a Monforte, de Ponferrada e cara a Lugo e Ourense, e por iso está en proxecto unha nova estación para os servizos de alta velocidade, ao nordés da cidade, nas proximidades da estrada de Reigada[4].

A estación[editar | editar a fonte]

Atópase ao nordés do centro urbano na praza da Estación e é accesible desde varias rúas lindeiras. Desde un punto de vista arquitectónico o edificio para viaxeiros de grandes dimensións mostra un aspecto sobrio e funcional. Está composto por un pavillón central de tres plantas ao que se anexan dúas ás laterais de varios corpos dunha altura algo inferior ao elemento central. As extensas fachadas están adornadas con abundantes vans adintelados que se reparten de forma simétrica. O recinto, no seu interior, conta cunha ampla sala de espera e vestíbulo, venda de billetes, aseos e servizos adaptados para as persoas con discapacidade.

Na zona de vías, marquesiñas propias cobren as tres plataformas (unha lateral e dúas centrais) coas que conta a estación. Á plataforma lateral accede a vía 1, mentres que as vías 2, 3, 4 e 5 acceden respectivamente á primeira e segunda plataforma central.[1] Estas son as vías usadas principalmente polo tráfico de viaxeiros pero só son unha pequena parte da extensa praia de vías existente. En paralelo ás vías mencionadas e afastándose do edificio principal atópanse as vías numeradas do 6 ao 14.[1] A estas hai que unir outras oito vías mortas. Son as vías 2A e 2B (finalizan nos extremos da primeira plataforma central), 21, 22, 41 e 42, estas conclúen nos laterais do edificio para viaxeiros, dous nun extremo e as outras dúas no outro e as vías 33 e 34, situadas dirección Lugo e algo afastadas do armazón principal. Esta zona inclúe tamén as vías 31 e 32. En total son 24 as vías numeradas existentes en Monforte de Lemos. O armazón de vías vese completado por diversas instalacións como peiraos de carga, talleres ou almacéns.

Algunhas das moitas infraestruturas que caeron en desuso, como sucede co o depósito de máquinas, foron obxecto de remodelación e albergan o Museo do Ferrocarril de Galicia.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 14 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Intercity Bilbao-Abando Laudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 14 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
4 MD A Coruña <> Terminal
Ourense-Empalme
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
<> Vigo-Guixar

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]