Saltar ao contido

Estación de Cornes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación de Cornes

Tipoestación de ferrocarril Editar o valor en Wikidata
Estado de usoSede de asociacións veciñais
Persoas e organizacións
Propietario/aConcello de Santiago de Compostela
Datas
Fundación1873 (primeira estación)
1920 (segunda estación)
Localización
Mapa
 42°52′11″N 8°33′08″O / 42.86983, -8.55231
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloSantiago de Compostela
ParroquiaConxo Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Cornes foi a terminal de viaxeiros de Santiago de Compostela até a inauguración da actual estación en 1943.

A primeira estación inaugurouse en setembro de 1873 coma unha das dúas cabeceiras da primeira liña de ferrocarril galega: Conxo-O Carril, e consistía nun pequeno edificio de madeira dunha soa planta que se esperaba que fose provisional.[1][2] Foi construída no desparecido termo municipal de Conxo, o que motivou que o consistorio santiagués perseguise a anexión deste territorio.[3]

Malia o seu carácter de estación provisional, a estación de madeira mantívose en pé durante case 50 anos, recibindo continuas críticas debido a falta de espazo e o seu afastamento do centro urbano da cidade. Non foi ata 1920 cando se levantou o edificio actual, de maior tamaño e realizado en cachotaría, ladrillo e formigón.[1]

Coa apertura do traxecto Santiago - A Coruña da liña Zamora - A Coruña en 1943, RENFE estrearía tamén unha nova estación pasante, onde confluiría a nova liña procedente de Ourense - Empalme coa Santiago - Redondela, ficando Cornes así relegada a terminal de mercadorías durante varias décadas até o seu progresivo abandono.[4]

En 2009, xa coa praia de vías levantada desde había anos e reurbanizada, o antigo predio principal da estación de Cornes reabría como Casa das Asociacións, acubillando actividades veciñais e dependencias municipais.[5]

  1. 1,0 1,1 "Cornes, la estación de la que partió el primer ferrocarril de Galicia". El Español (en castelán). 2020-11-26. Consultado o 2025-05-29. 
  2. El Correo Gallego (2018-02-02). "...Cuando 'El Compostelano' enlazaba Santiago con Carril desde la estación de tren de Cornes" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-08. 
  3. Marga Mosteiro (2016-01-14). "«Santiago solo quería la estación de Cornes, pero tuvo que ser todo o nada»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  4. El Correo Gallego (2018-03-06). "...Cuando la Casa das Asociacións era la antigua estación de mercancías de la capital gallega" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-08. 
  5. El Correo Gallego (2009-04-19). "Cornes reabre para las asociaciones" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]