Estación de San Pedro do Sil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 42°26′29″N 07°42′15″O / 42.44139, -7.70417

San Pedro do Sil
Estación de San Pedro do Sil.jpg
Situación Pantón
Liñas
Media distancia Rexional Exprés

San Pedro do Sil é unha estación de tren de Adif, situada en San Pedro, no concello de Pantón, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 26,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 151 metros de altitude, entre as estacións dos Santo Estevo do Sil e Os Peares.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 1 de decembro de 1884 coa aperta do tramo Monforte de Lemos-Ourense da liña que unía Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada RENFE.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación[editar | editar a fonte]

Está situada en plena Ribeira Sacra. As súas instalacións limítanse a un refuxio cuberto que dá acceso á única plataforma lateral existente pola que pasa a vía principal.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 14 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
<> Vigo-Guixar

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]