Estación de Ponte Ambía
Estación de Ponte Ambía | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Transporte | ||||
Servizo de conexión | Media Distancia Renfe ![]() | |||
Código de estación | 31212 ![]() | |||
Liñas ferroviarias | liña Zamora - A Coruña ![]() | |||
Número de plataformas | 1 ![]() | |||
Número de beiras | 1 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Ourense | |||
Concello | Baños de Molgas ![]() | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Ponte Ambía foi un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Ponte Ambía, no concello de Baños de Molgas, provincia de Ourense. Deixou de ter servizos ferroviarios tras o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra en xuño de 2013 debido aos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno. O apeadoiro derrubouse tras a construción da vía de alta velocidade.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atopábase na liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña,[1] entre as estacións de Baños de Molgas e Paderne-Cantoña.
Historia
[editar | editar a fonte]A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.
O 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora pasou a explotar a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias. Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]
A estación
[editar | editar a fonte]Era un simple apeadoiro composto por unha única plataforma na que se atopaba un pequeno refuxio. Carecía de calquera outro servizo ou infraestrutura.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Liña Zamora-Ourense Afzamorana
- ↑ Dez estacións entre Ourense e Sanabria quedan sen tren desde o domingo