Estación de Neda
| Estación de Neda | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Neda | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Transporte | |||||||||
|
Servizo de conexión
| |||||||||
|
Código de estación
| |||||||||
|
Estación adxacente
| |||||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||||
|
Número de plataformas
| |||||||||
|
Número de beiras
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
Neda é unha estación de Adif situada na vila de Neda, na provincia da Coruña. Ten paradas comerciais de Media distancia operadas por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 36,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 8 metros de altitude,[1] entre o apeadoiro de Perlío e a estación de Ferrol. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
Por outra banda, o 28 de agosto de 1924 inaugurouse a liña de vía métrica de tranvías de Ferrol que unía a cidade de Ferrol con Neda. Esta liña tiña unha lonxitude de 37,5 km e foi clausurada o 3 de xullo de 1961.
A estación
[editar | editar a fonte]O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos, actualmente sen servizos ferroviarios como despachos de billetes ou aseos. Atópase no sur da vila, xunto á ría de Ferrol. Ten dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 20 de xuño de 2016.
| Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| 5 | MD | A Coruña | <> | Ferrol |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ Obras da liña Betanzos - Ferrol Arquivado 09/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia
- ↑ Betanzos a Ferrol Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre saídas e chegadas na web de Adif Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine.