Estación de Zaragoza-Delicias
| Estación de Zaragoza-Delicias | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Zaragoza | |||||||||||||
|
Estado de uso
| |||||||||||||
|
Instalacións
| |||||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||||
|
Operador/a
| |||||||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||||||
|
Arquitecto/a
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Transporte | |||||||||||||
|
Servizo de conexión
| |||||||||||||
|
Código de estación
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons |
A estación de Zaragoza–Delicias é unha estación intermodal de ferrocarril e autobuses situada no barrio de Las Delicias da cidade aragonesa de Zaragoza.
É un edificio de grande envergadura, inaugurado o 7 de maio de 2003 e que ademais, dende o 5 de maio de 2007 alberga ademais a Estación Central de Autobuses. Desde o 11 de xuño de 2008, tres días antes da inauguración da Exposición Internacional de 2008, opera o servizo de proximidades nas vías 7 e 8.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación forma parte dos trazados das seguintes liñas férreas:
- Liña férrea de ancho ibérico que une Madrid con Barcelona vía Zaragoza, punto quilométrico 339,4.[1]
- Liña férrea de alta velocidade e ancho internacional Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira Francesa, punto quilométrico 306,700.[2]
Ademais, formaba parte tamén dun pequeno ramal de vía estreita que unía Zaragoza-Delicias con Zaragoza-Cariñena hoxe desmantelado.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada o día 7 de maio de 2003, data na cal empezaron a operar na estación os primeiros trens de alta velocidade. O 11 de xuño de 2008, tres días antes do inicio da Exposición Internacional de Zaragoza, as vías 7 e 8 empezaron a recibir os primeiros trens de proximidade da recentemente creada liña C-1 de proximidades Zaragoza. Tras cumprirse dez anos desde a súa inauguración fíxose público que preto de 19 millóns de pasaxeiros.[3]
A estación
[editar | editar a fonte]
Foi proxectada polos arquitectos Carlos Ferrater, José María Valero e Félix Arranz, o enxeñeiro de camiños Juan Calvo e o enxeñeiro de instalacións Juan Broseta, de Enxeñería Proxectos Civís e Tecnolóxicos SA, de Valencia. É unha estación cun grande espazo interior de máis de seiscentos metros de longo por cento oitenta de ancho, configurado por tres vestíbulos que organizan as circulacións dos viaxeiros a través dunha zona de saídas e outra de chegadas e o "transfer", a través dun acceso central subterráneo.
Dispón de 18,8 ha repartidas entre os servizos destinados a visitantes en xeral e os espazos ocupados directamente para funcións de transporte. Só para o transporte ferroviario conta con oito plataformas cunha lonxitude de 400 metros cada unha.
Un dos elementos máis novos deste proxecto é a súa cuberta, que desde a distancia ofrece un perfil insólito cos seus grandes arcos en diagonal sobre o corpo do edificio, unha cuberta de tetraedros que captan a luz e a súa gran dimensión, rememorando unha catenaria investida.
A cuberta principal ten unha superficie de 40.000 m² e está composta por unha malla triangular a modo de taboleiro de xadrez, de triángulos alternos de luz e de sombra, que dotan á estación de luz natural. Na zona central de plataformas a altura do teito chega a ser de 30 metros, nunha zona onde non existe nin un só alicerce que sustente as 4 hectáreas de teito infestado de lucernarios dispostos en forma de malla triangular.
Obtivo o Premio FAD de arquitectura en 2004 e o Premio Brunel no ano 2005 no seu 22ª edición.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 8 de xullo de 2016.
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 8 de xullo de 2016.
| Liña | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
|---|---|---|---|---|
| Avant | Calatayud | Zaragoza-Delicias | ||
| 22 | Rexional Exprés | Logroño Castejón de Ebro |
Miraflores | |
| 34 | Rexional Exprés | Zaragoza-Delicias | Móra la Nova Barcelona-Estació de França | |
| 38 | Rexional | Zaragoza-Delicias | Lleida-Pirineus | |
| 49 | MD | Valencia-Estació del Nord Teruel |
Zaragoza-Portillo | |
| 55 | Rexional | Calatayud Arcos de Jalón |
Zaragoza-Delicias Miraflores | |
| 56 | Rexional | Canfranc Tardienta Jaca |
Zaragoza-Delicias |
Proximidades
[editar | editar a fonte]A estación de Delicias forma parte da liña C-1 da rede de proximidades Zaragoza operada por Renfe.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ministerio de Fomento. "Rede ferroviaria española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 9 de decembro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Zaragoza-Delicias (Est.) Euroferroviarios
- ↑ «Preto de 19 millóns de viaxeiros utilizaron o AVE en Zaragoza nos seus dez anos de vida»
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Zaragoza-Delicias |
