Saltar ao contido

Estación da Gudiña

Estación da Gudiña
A Gudiña Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Transporte
 Código de estación
31205 Editar o valor en Wikidata
 Estación adxacente
 Liñas ferroviarias
 Número de beiras
2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

A Gudiña é unha estación de tren de Adif, situada na vila da Gudiña, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa distancia e ata 2013 tiña tamén servizos de media distancia.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 156,637 da liña férrea de ancho convencional que une Zamora coa Coruña vía Ourense, a 978 metros de altitude. Está entre as estacións da Mezquita-A Vilavella e Vilariño de Conso-A Capela. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias". É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña. A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os seus servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[1]

A estación

[editar | editar a fonte]

Como moitas das estacións deste tramo a estación foi edificada en pedra. Posúe dous pisos e tellado de varias vertentes de tella. A planta baixa conta cunha galería que adornan tres arcos. Dispón de dúas plataformas, un lateral e outro central, ao que acceden tres vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel. Máis vías completan o recinto.

Longa distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizados a 6 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AlviaMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de CompostelaA Coruña1 tren diario por sentido
AlviaMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-GuixarPontevedra1 tren diario por sentido
AlviaMadrid-ChamartínSegovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · PontedeumeFerrol2 trens diarios por sentido
AlviaAlacant-TerminalVillena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de CompostelaA Coruña1 tren semanal por sentido
AlviaAlacant-TerminalVillena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-GuixarPontevedra1 tren semanal por sentido
Trenhotel Rías GalegasMadrid-ChamartínÁvila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de CompostelaA Coruña1 tren diario por sentido
Trenhotel Rías GalegasMadrid-ChamartínÁvila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-GuixarPontevedra1 tren diario por sentido

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]