Estación de Pedrelo-Céltigos
Estación de Pedrelo-Céltigos | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Estado de uso | en funcionamento ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Renfe Operadora ![]() | |||
Propietario/a | Adif ![]() | |||
Transporte | ||||
Servizo de conexión | Media Distancia Renfe ![]() | |||
Código de estación | 20306 ![]() | |||
Liñas ferroviarias | liña Palencia - A Coruña ![]() | |||
Número de plataformas | 1 ![]() | |||
Número de beiras | 1 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Sarria | |||
Parroquia | A Veiga | |||
Lugar | Céltigos ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Pedrelo-Céltigos é un apeadoiro de Adif, situado no lugar de Céltigos, no concello de Sarria, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 402,7 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións da Pobra de San Xiao e de Sarria. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]Aínda que se atopa no tramo Sarria-Lugo da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña aberto ao tráfico o 2 de agosto de 1878 polo Estado[2], non se dispuxo de ningunha estación nesta zona. A súa construción é moi posterior e vai unida a unha zona industrial dedicada ao embotellamento de auga mineral propiedade da empresa Fontecelta.
A estación
[editar | editar a fonte]As instalacións limítanse a un pequeno refuxio dotado de zonas de asento. Polo apeadoiro só cruza a vía principal á que se accede grazas a unha plataforma lateral.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
4 | MD | A Coruña | <> | Monforte de Lemos Ourense-Empalme |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
- ↑ Cronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles