Saltar ao contido

Estación do Porriño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación do Porriño
O Porriño Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Estado de uso
 Instalacións
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
Datas
 Inauguración
1878 Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Servizo de conexión
 Código de estación
22201 Editar o valor en Wikidata
 Liñas ferroviarias
 Número de beiras
2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

A estación do Porriño é unha estación de tren de Adif situada na cidade do Porriño, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe Operadora.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación está situada no punto quilométrico 151,6 da liña que une Monforte de Lemos con Redondela.[1] Atópase a 31 metros de altitude, e a liña é de vía única electrificada.

A estación foi inaugurada o 17 de marzo de 1878 coa apertura do tramo Guillarei-Vigo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A compañía encargada das obras foi MZOV. O enxeñeiro Francisco Javier Boguerín clasificouna como de terceira categoría. Nos primeiros anos houbo unha construción provisional de madeira. O edificio foi construído entre marzo de 1889 e xaneiro de 1890.

En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[2] En 1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

O 9 de setembro de 2016 tivo lugar na entrada da estación o accidente ferroviario do Porriño. Unha unidade 420 de Comboios de Portugal que se dirixía de Vigo a Porto descarrilou ás 9:25 da mañá, e provocou a morte de 4 persoas e máis de 40 feridas.[3]

A estación

[editar | editar a fonte]

Está situada ao norte do municipio. O seu edificio para viaxeiros segue o esquema doutras estacións deste tramo e componse dun corpo central de dúas alturas ao que se anexan dúas ás laterais de menor altura. Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central ás que acceden tres vías. Outras dúas vías terminan en toperas. No exterior do recinto hai unha zona de aparcadoiro habilitada.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Longa Distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizados a 11 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AlviaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · RedondelaVigo-Guixar3 trens semanais por sentido
Trenhotel Rías GalegasMadrid-ChamartínÁvila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-GuixarPontevedra1 tren diario por sentido
Trenhotel GaliciaBarcelona-SantsCamp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · RedondelaVigo-Guixar1 tren diario por sentido

Media distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizados a 11 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
  Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
3 Rexional Exprés
Rexional Internacional
Porto-Campanhã <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar
  1. "Rede ferroviaria de España" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 11 de xuño de 2016.
  2. 1 2 Medina del Campo a Zamora y Orense a Vigo - MZOV Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
  3. "Tres mortos e varios feridos ao descarrilar un tren de pasaxeiros en O Porriño". Europa Press. 9 de setembro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]