Estación de Ordes
| Estación de Ordes | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Transporte | |||||||
|
Servizo de conexión
| |||||||
|
Código de estación
| |||||||
|
Estación adxacente
| |||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||
|
Número de beiras
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
A estación de Ordes, tamén coñecida como Ordes-Fosado[1][2][3] é unha estación de tren de Adif situada no lugar de Fosado, no concello de Ordes, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 401,323 da liña férrea que une Zamora e A Coruña a 238 metros de altitude,[4], entre as estacións de Cerceda-Meirama e Santiago de Compostela. Atópase nunha variante do trazado orixinal froito das obras do eixe atlántico de alta velocidade entre A Coruña e Santiago de Compostela.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada en 2003 substituíndo á antiga estación de Ordes-A Pontraga que se construíu en 1943 no trazado orixinal da liña Zamora-A Coruña entre Santiago de Compostela e A Coruña. Este novo recinto sitúase a máis de 6 quilómetros do casco urbano, o que dificulta o seu uso por parte da poboación.[5]
Está formada por un moderno edificio construído a base de bloques de formigón e con amplas zonas acristaladas. Dispón de dúas plataformas laterais e de catro vías, dúas delas sen acceso a plataforma.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 1 de xaneiro de 2018.
| Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Rexional | A Coruña | <> | Santiago de Compostela Vigo-Guixar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ordes pretende recuperar el tren tras el cierre de la estación de Pontagra". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-03-26. Consultado o 2018-01-01.
- ↑ "Nadie coge los 4 trenes que paran en Fosado-Ordes". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2018. Consultado o 2018-01-01.
- ↑ "Proxecto de mellora fosa séptica estación de Fosado e outras" (PDF). Concello de Ordes. Consultado o 01-01-2018.
- ↑ Ordes (Est.) Euroferroviarios
- ↑ Fosado, a estación fantasma de Ordes El Correo Gallego