Estación de Vilagarcía de Arousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°36′08″N 8°45′45″O / 42.60222, -8.76250

Vilagarcía de Arousa
Estacion de trenes de Villagarcía de Arosa.jpg
Vista exterior da terminal de viaxeiros
SituaciónPraza da Estación, 2
36600 Vilagarcía de Arousa
ServizosAseosServizos adaptadosAparcadoiroCafeteríaCarros portaequipaxes
Liñas
Media distanciaG1.JPG

Vilagarcía de Arousa é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra. Localízase na Praza da Estación, ao norte da cidade, a escasos 100 metros da estación de autobuses e a 600 m do porto, cara o que parte un pequeno ramal.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi inaugurada o 24 de xaneiro 1956, converténdose na principal estación da vila, que até aquela data tiña a estación de Carril como terminal de referencia.[1][2]

En 2005 foi acondicionada a súa contorna ante o aumento do tráfico de viaxeiros e a posta en marcha das primeiras obras para o Eixe Atlántico de Alta Velocidade.[3] En 2009 houbo un proxecto para derrubar parcialmente o predio de viaxeiros e construír un novo recibidor que finalmente foi desbotado.[4]

En 2013 botaron a andar as obras para anovar o ramal portuario.[5]

En 2014 a súa xestión foi asignada á recentemente creada Adif Alta Velocidad para a conclusión do Eixe Atlántico de Alta Velocidade.[6] Ese mesmo ano, Ana Pastor, daquela ministra de Fomento, asistía na estación á inauguración do desdobramento da liña entre Vilagarcía e Pontevedra.[7]

A comezos de 2017 remataron as obras de prolongación do ramal portuario, que parte desta estación cara o peirao do Ferrazo.[8] Os datos aportados ese ano por Renfe desprendían un aumento do número de viaxeiros na estación arousá que xa se viña producindo anos atrás.[9]

Trens[editar | editar a fonte]

Rexionais[editar | editar a fonte]

Liña Percorrido
G1.JPG A CORUÑA · Uxes · Cerceda-Meirama · Ordes · SANTIAGO DE COMPOSTELA · Osebe · Padrón · Pontecesures · Catoira · Vilagarcía de Arousa · Portela · Pontevedra-Universidade · PONTEVEDRA · Arcade · Cesantes · Redondela-Picota · Redondela · VIGO - GUIXAR

Media Distancia[editar | editar a fonte]

Liña Percorrido
G1.JPG A CORUÑA · SANTIAGO DE COMPOSTELA · Padrón-Barbanza · Vilagarcía de Arousa · PONTEVEDRA · Arcade · Redondela AV · VIGO-URZÁIZ

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manu Guinarte (2017-02-20). "NUEVA ESTACION Y TALLERES RENFE VILAGARCIA". Consultado o 2018-10-16. 
  2. "Carril e o ferrocarril". www.patrimoniovilagarcia.com (en castelán). Consultado o 2018-10-16. 
  3. Susana Luaña (2005-09-16). "Comienzan las obras de mejora en el entorno de la estación de ferrocarril". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-16. 
  4. S. González e S. Luaña (2015-11-10). "El ADIF remodela el interior de la estación de tren y el andén principal de Vilagarcía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-16. 
  5. "Comezan as obras de renovación do tendido ferroviario entre O Ramal e a estación". Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa (en castelán). Consultado o 2018-10-16. 
  6. M. González (2014-01-08). "La estación de Vilagarcía forma parte de la nueva división de Adif de alta velocidad". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2018-10-16. 
  7. "Ana Pastor asiste a la inauguración del tramo de alta velocidad Vilagarcía-Pontevedra". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2018-10-16. 
  8. "Finalizadas las obras del nuevo ramal ferroviario del puerto de Villagarcia". www.vialibre-ffe.com (en castelán). Consultado o 2018-10-16. 
  9. Vila, Sara; Lorenzo, Sofía. "Aumenta un 14 por ciento el número de usuarios del tren en Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2018-10-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]