Estación do Irixo
| Estación do Irixo | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Campo | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Epónimo
| |||||||
|
Estado de uso
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Operador/a
| |||||||
|
Propietario/a
| |||||||
| Transporte | |||||||
|
Servizo de conexión
| |||||||
|
Código de estación
| |||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||
|
Número de beiras
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
O Irixo é unha estación de tren de Adif situada na vila do Irixo, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 298,0 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 549 metros de altitude, entre as estacións do Carballiño e Lalín.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño-Santiago de Compostela da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
[editar | editar a fonte]Atópase ao sur do Irixo. Seguindo a liña arquitectónica das estacións deste tramo da liña o edificio para viaxeiros é unha construción en pedra, de planta irregular e dúas alturas con cheminea lateral e tellado de tella de varias vertentes. Dous soportais apoiados en arcos rebaixados adornan as dúas fachadas da estación. Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 20 de xuño de 2016.
| Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| 2 | MD | Santiago de Compostela | <> | Ourense-San Francisco |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carballiño (Est.) Euroferroviarios
- ↑ Ourense a Santiago de Compostela Arquivado 31 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
