Estación de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°29′17″N 08°13′52″W / 43.48806°N 8.23111°W / 43.48806; -8.23111

Ferrol
Estación de Ferrol.JPG
Estación de Ferrol
Situación Ferrol
Servizos Accesible PMR Aparcadoiro Restauración Venda de Billetes
Liñas
Longa Distancia Alvia, Trenhotel
Media distancia G4.JPG
FEVE Proximidades, R-1, R-1b, Transcantábrico
Na rede
Adif.es

A Estación de Ferrol é unha estación de ferrocarril terminal situada na cidade coruñesa de Ferrol, final das liñas que a unen con Betanzos e Xixón. Está situada no centro da cidade, na Avenida de Compostela, ao lado da Estación de Autobuses. Ademais de servizos de longa e media distancia, a estación ten funcións loxísticas.[1]

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

Atópase no punto quilométrico 42,8 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 31 metros de altitude.[2] O tramo é de vía única e non está electrificado. Desta liña derívase un ramal cara ao Porto Interior de Ferrol, que nun futuro conectará tamén co Porto Exterior de Ferrol. O 3 de xaneiro de 2014, o BOE publicou o anuncio de adxudicación da redacción do proxecto construtivo deste último enlace,[3] tras ser seleccionada a alternativa "Sur".[4]

Ademais, é o punto de partida da liña férrea de ancho métrico Ferrol-Xixón.[5] Trátase dunha vía única non electrificada.

Historia[editar | editar a fonte]

O ferrocarril chegou á cidade o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol por parte do Estado que tivo que encargarse da construción desta ao quedar desertos as diferentes poxas que se foron celebrando para outorgar o devandito ferrocarril a algunha empresa privada.[6] Por iso foi a Primeira División Técnica e Administrativa de Ferrocarrís a que se encargou de xestionar a liña nun primeiro momento ata a súa cesión en 1928 á Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste, logo de pasar por MZOV.[6] En 1941, coa nacionalización ferrocarril en España, a estación empezou a ser xestionada por RENFE.

Na década dos anos 60 a rede ferroviaria ferrolá completouse coa chegada doutra liña que buscaba conectar a cidade con Xixón bordeando o Cantábrico.[7] A diferenza da anterior este novo trazado, xestionado por Feve, era de ancho métrico e deu lugar a unha nova estación que puidese absorber un maior número de viaxeiros.

O 31 de decembro de 2004, Adif pasou a ser o titular das instalacións ferroviarias a excepción da parte utilizada por Feve que mantivo a súa independencia ata o 1 de xaneiro de 2013 momento no cal toda a estación pasou a depender de Adif.

A estación[editar | editar a fonte]

Está situada preto do centro urbano, na avenida de Compostela, non moi lonxe da estación de autobuses da cidade. Está a 1,5 km do porto interior e conectado con el a través do túnel da Malata. Dispón dun edificio para viaxeiros de planta rectangular e estrutura alongada de dúas plantas de altura. É de estilo racionalista, sen maiores concesións ornamentais máis alá do mosaico que adorna a entrada principal. Como é habitual nas estacións de carácter terminal un esquema en forma de ou recolle a parte máis significativa do feixe de vías. Conta en total con oito vías, das cales cinco teñen acceso a plataforma e tres carecen diso e derivan a unha zona usada por trens de mercancías. As vías 1, 2 e 3 son de ancho ibérico, mentres que as vías 4 e 6 son de vía estreita. A praia de vías abrangue unha superficie de 4.000 m².[1]

Dispón de sala de espera, vestíbulo, venda de billetes, máquina de autovenda, cafetaría, aseos, servizos adaptados, aluguer de coches e un aparcadoiro exterior.

Servizos[editar | editar a fonte]

Longa Distancia[editar | editar a fonte]

Tren Orixe/Destino Paradas intermedias Características
Alvia Madrid-Chamartín Pontedeume · Betanzos-Cidade · Betanzos-Infesta · Curtis · Teixeiro · Guitiriz · Lugo · Sarria · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · A Gudiña · Pobra de Seabra · Zamora · Medina del Campo · Segovia-Guiomar 2 trens diarios por sentido⁠⁠
Trenhotel
Atlántico
Madrid-Chamartín Pontedeume · Betanzos-Cidade · Betanzos-Infesta · Curtis · Guitiriz · Lugo · Sarria · Monforte de Lemos · San Clodio-Quiroga · A Rúa-Petín · O Barco de Valdeorras · Ponferrada · Bembibre · Astorga · Veguellina · León · Sahagún · Palencia · Venta de Baños · Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Ávila 6 trens semanais por sentido

Media Distancia[editar | editar a fonte]

Liña Percorrido Continua ata
G4.JPG A CORUÑA-SAN CRISTOVO - Elviña-Universidade - O Burgo-Santiago - Cambre - Cecebre - Betanzos-Infesta - Betanzos-Cidade - Miño-Castro - Perbes - Pontedeume - Cabanas - Franza - Barallobre - Perlío - Neda - FERROL -

Proximidades FEVE[editar | editar a fonte]

F-1 FERROL - Virxe do Mar - Santa Icía - Piñeiros - O Ponto - Xuvia - Ferrerías - Sedes - Pedroso - San Sadurniño - Lamas - Moeche -
Labancegos - Entrambasrías - Cerdido - A Cuqueira - Santa María de Mera - Ponte Mera - San Clodio - Senra - ORTIGUEIRA

Rexionais FEVE[editar | editar a fonte]

Transcantábrico[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Ferrol