TRD (Renfe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Servizo TRD servido por unha serie 594.
Servizo TRD servido por unha serie 594 reformado.

TRD (Tren Rexional Diésel) foi un servizo ferroviario de Media Distancia (orixinariamente da Unidade de Negocio de Rexionais) convencional prestado por Renfe Operadora en España. De gama media e baixa capacidade, todos os trens deste tipo foron servidos sempre con material da serie 594.

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras viaxes comerciais tiveron lugar en Galiza, a partir do 28 de setembro de 1997, entre as cidades da Coruña e Vigo. En maio de 1998 estes trens botaron a andar en Andalucía e, desde 1999, entre Madrid e Salamanca.[1]

Estes trens cubriron numerosas liñas e foron paulatinamente sendo substituídos por servizos R-598, MD e Intercity, servidos con vehículos máis modernos nos máis dos casos.

Características[editar | editar a fonte]

Os trens da serie 594 dispoñen dunha serie de melloras con respecto aos trens rexionais anteriores que fixeron que as liñas operadas por este tipo de trens fosen denominadas co novo servizo TRD para poder distinguilas das liñas rexionais con menores prestacións. Os trens posteriores tamén teñen prestacións diferentes, polo que a denominación TRD quedou restrinxida aos servizos realizados con esta serie.

A súa velocidade máxima comercial era de 160 km/h e servizo adaptado a persoas de mobilidade reducida, maior confort que en series anteriores e detéñense só nas principais estacións da liña. A súa tarifa é intermedia entre os servizos de Media Distancia e dispoñen de clase única. Anteriormente circularon por liñas de alta velocidade mediante cambio de largo CAF.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rivera, Ángel (2014-06-29). "Trenes y tiempos: Los TRD 594: Unos trenes con polémica". Trenes y tiempos. Consultado o 2017-12-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]