Apeadoiro de Osebe
| Apeadoiro de Osebe | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| Transporte | |||||||||
|
Código de estación
| |||||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||||
|
Número de plataformas
| |||||||||
|
Número de beiras
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
Osebe foi unha estación posteriormente convertida en apeadoiro ferroviario de Adif situado en Osebe, no concello de Teo, provincia da Coruña. Ten servizos de Rexional operado por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]Atópase no punto quilométrico 82 da liña férrea de ancho ibérico que une Redondela con Santiago de Compostela a 118 metros de altitude, entre as estacións da Escravitude e de Santiago de Compostela.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi en 1863 cando se creou a sociedade do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel co propósito de unir Santiago de Compostela co Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.[2] Esta sociedade foi vendida en 1866 a The West Galicia Railway Company Limited, compañía británica que foi quen puxo en marcha o devandito tramo o 15 de setembro de 1873 despois de once anos de traballo.
O 9 de setembro de 1928, MZOV fíxose co control de The West Galicia Railway Company Limited. Con todo esta situación só durou un ano tras ser absorbida a primeira pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste. En 1941, Oeste foi nacionalizada e integrada na recentemente creada RENFE quen xestionou a estación ata a separación de Renfe en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 1 de xaneiro de 2018.
| Liña MD | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Rexional | A Coruña Pontevedra Santiago de Compostela |
Vigo-Guixar | |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ Pontevedra a Santiago (The West Galicia Railway Company Limited) Arquivado 29 de xuño de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apeadoiro de Osebe |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre saídas e chegadas na web de Adif Arquivado 05 de agosto de 2016 en Wayback Machine.