R-598 (Renfe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
R-598.

R-598, inicialmente chamados Nexios, foi o nome comercial que recibiu un servizo ferroviario de Media Distancia prestado por Renfe Operadora en España entre os anos 2004 e 2012. Ía unido aos automotores diésel da serie 598 e cubría principalmente traxectos en liñas non electrificadas de Galiza, Estremadura e Andalucía.

Historia[editar | editar a fonte]

En 2004, RENFE recibiu os novos automotores diésel da serie 598 creando con eles un novo servizo ferroviario que decidiu chamar Nexios. Este nome, de corte futurista, non durou moito xa que poucos meses despois a compañía optou por renomear o servizo a R-598 alegando que o nome inicial non tivera boa acollida entre os seus usuarios.[1] O primeiro servizo destes trens tivo lugar en Galiza entre Vigo e A Coruña. Poucos meses despois, a oferta estendeuse a Estremadura e Andalucía cubrindo traxectos como o Madrid-Badaxoz por Cáceres (abril do 2005), o Almería-Granada-Sevilla (abril do 2005) e o Sevilla-Málaga (xuño do 2005). Posteriormente engadíronse máis traxectos.

Coa chegada da serie 599 a finais de 2008, a serie anterior foi perdendo protagonismo en favor desta última e os servizos R-598 foron substituídos por servizos MD primeiro e Intercity despois. As relacións Madrid-Baxadoz e Sevilla-Osuna foron as últimas en gozar do servizo até o ano 2012.

Servizo[editar | editar a fonte]

Os novos trens da serie 598 tiñan unhas prestacións diferentes ás de calquera outro tren rexional existente, polo que coa súa incorporación creouse un servizo que permitise distinguilos dos realizados con outros trens. En esencia as prestacións son moi parecidas ao servizo TRD, engadindo a posibilidade de levar bicicletas e a dispoñibilidade completa do tipo D, que permite unha maior velocidade nas curvas.

Son servizos rexionais que circulan a 160 km/h, dispoñen dunha única clase e os seus asentos son fixos e reclinábeis, con cada metade nun sentido. Dispoñen de climatización, máquinas expendedoras, indicador de destino e servizo adaptado a persoas de mobilidade reducida. Realizan menos paradas que servizos rexionais de menor gama. Os viaxeiros que porten bicicleta deben facer reserva gratuíta deste servizo obrigatoriamente.

Percorridos[editar | editar a fonte]

Na actualidade os servizos R-598 pasaron a denominarse Intercity e MD, xurdindo modificacións en rutas e paradas:[2][3]. As rutas realizadas anteriormente como R-598 foron:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Renfe cambia el nombre de los nuevos trenes Nexios porque «no ha tenido buena acogida»". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 22/08/2016. Consultado o 2016-08-04. 
  2. Consulta de Horarios en Renfe.es
  3. Mapas y trayectos de Media Distancia en Renfe.es