Saltar ao contido

Estación do Carballiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación do Carballiño

Tipoestación de ferrocarril Editar o valor en Wikidata
Estado de usoen funcionamento Editar o valor en Wikidata
Instalaciónsaparcadoiro e baño público Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Operador/aRenfe Operadora Editar o valor en Wikidata
Propietario/aAdif Editar o valor en Wikidata
Datas
Inauguración1 de xullo de 1957 Editar o valor en Wikidata
Transporte
Servizo de conexiónRexional, Renfe Editar o valor en Wikidata
Código de estación31304 Editar o valor en Wikidata
Liñas ferroviariasliña Zamora - A Coruña Editar o valor en Wikidata
Número de beiras2 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°26′N 8°04′O / 42.43, -8.07
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense
ConcelloO Carballiño Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Carballiño é unha estación de tren de Adif situada na vila do Carballiño, na provincia de Ourense. Conta con servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Cumpre tamén funcións loxísticas.[1]

Tapa de rexistro do Ferrocarril Zamora-A Coruña.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 279,177 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 396 metros de altitude, entre as estacións da Friela-Maside e Boborás.[2] O tramo é de vía única e está sen electrificar.

A estación foi inaugurada o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-O Carballiño da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.[3] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

[editar | editar a fonte]

O edificio para viaxeiros é un amplo edificio de planta rectangular formado por dous pisos. Ten a particularidade de posuír unha torre de tres pisos nun dos seus laterais. A fachada conta tamén cun pequeno frontón no que se incrusta un reloxo de agulla.

Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías (vía 3 plataforma lateral, vía 1 e 2, plataforma central). Outras cinco vías máis numeradas como vías 4, 6, 8, 10 e 12 completan as instalacións. As dúas últimas son vías mortas que dan acceso a un peirao de carga cuberto. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Longa distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizados a 20 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Intercity Hendaia Irún · Donostia · Zumarraga · Altsasu · Vitoria · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido

Media distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
2 MD Santiago de Compostela <> Ourense-San Francisco
  1. O Carballiño Adif
  2. Carballiño (Est.) Euroferroviarios
  3. Ourense a Santiago de Compostela Arquivado 31 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]