Estación de Miño-Castro
Estación de Miño-Castro | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Estado de uso | en funcionamento ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Renfe Operadora ![]() | |||
Propietario/a | Adif ![]() | |||
Transporte | ||||
Servizo de conexión | Media Distancia Renfe ![]() | |||
Código de estación | 21002 ![]() | |||
Número de plataformas | 1 ![]() | |||
Número de beiras | 1 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Miño ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Miño-Castro foi unha estación e posteriormente apeadoiro de tren de Adif situada na localidade de Miño, na provincia da Coruña. Está situado na estrada AC-154, a un quilómetro cara Ferrol e na actualidade non ten paradas comerciais.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]Atópase no punto quilométrico 13,7 da liña férrea de largo ibérico que une Betanzos con Ferrol a 22 metros de altitude,[1] entre a estación de Betanzos-Cidade e o apeadoiro de Miño. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ Obras da liña Betanzos - Ferrol Arquivado 09/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia
- ↑ Betanzos a Ferrol Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway