Estación de Baños de Molgas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°14′15″N 07°40′59″O / 42.23750, -7.68306

Baños de Molgas
SituaciónBaños de Molgas

Baños de Molgas é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Baños de Molgas, na provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

É unha das estacións rehabilitadas polo Inorde en 2010[1] Acolle desde 2011 o Museo de Moncho Borrajo[2].

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 215,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 544 metros de altitude,[3] entre as estacións de Vilar de Barrio e Ponte Ambía. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia[editar | editar a fonte]

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Pajares no ferrocarril de Asturias".[4] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[4] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[5]

A estación[editar | editar a fonte]

Dada a importancia turística das augas termais situados na localidade o edificio de viaxeiros é un amplo edificio de dúas plantas adornado por unha galería formada por seis arcos frontais e un lateral na súa planta baixa. Na súa última remodelación foi repitanda de branco a excepción do interior dos arcos e das xanelas que alternan o azul mariño e o laranxa. Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central e catro vías. A plataforma central carece de marquesiña. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]