Estación de Sarria
| Estación de Sarria | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| Transporte | |||||||||
|
Servizo de conexión
| |||||||||
|
Código de estación
| |||||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||||
|
Número de beiras
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata |
A estación de Sarria é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Sarria, na provincia de Lugo. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 396,3 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Pedrelo-Céltigos e de Oural. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]O ferrocarril chegou a Sarria o 2 de agosto de 1878 coa o apertura do tramo Sarria-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] A Compañía dos Ferrocarrís do Noroeste de España constituída en 1862 era a encargada da construción e explotación do trazado aínda que nunca chegou a construír este tramo xa que crebou.[3] Esta situación fixo que a concesión da liña volvese de forma transitoria ao Estado que foi quen puxo en marcha o tramo Sarria-Lugo. Pouco despois creouse a Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885.[3] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
[editar | editar a fonte]O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. Sitúase no noroeste do centro urbano de Sarria. Recentemente foi reformada no exterior. Ten dúas plataformas, unha lateral e outra central á que acceden dúas vías. Outras dúas vías son utilizadas como vías de servizo.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 18 de xuño de 2016.
| Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| 4 | MD | A Coruña | <> | Monforte de Lemos Ourense-Empalme |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
- ↑ Cronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
- 1 2 Palencia a La Coruña (Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 12 de outubro de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway