Estación de Redondela AV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 42°17′04″N 8°36′14″O / 42.28444, -8.60389

Redondela AV
Estación Redondela AVE.jpg
Estación do AVE de Redondela, inaugurada o 29 de marzo de 2015.
Situación Redondela
Servizos Aseos Aparcadoiro Servizos adaptados
Liñas
Longa Distancia Alvia
Media distancia MD

A estación de Redondela AV é unha estación de Adif na cidade de Redondela, pertencente ao Eixe atlántico de alta velocidade. Está situada no leste do núcleo urbano de Redondela, na confluencia entre a rúa dos Eidos e a estrada de Pazos.

Características[editar | editar a fonte]

A estación está a unha cota inferior ás vías e ten un par de ascensores e escaleiras mecánicas para subir ás plataformas. No seu interior conta cun amplo vestíbulo, sala de espera, venda de billetes e aseos. Está habilitada para persoas con discapacidade.

Na zona de vías dispón de dúas plataformas laterais cubertas parcialmente con marquesiñas. A praia de vías está formada por dúas vías laterais con plataforma e dúas vías centrais pasantes. A vía 3 conecta tamén coa liña convencional Redondela-Bifurcación Arcade que utilizan os trens para ir aos talleres de Redondela.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizados a 11 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
1 MD A Coruña
Santiago de Compostela
Pontevedra
Vigo-Urzáiz

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]