Estación de Segovia-Guiomar
| Estación de Segovia-Guiomar | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Segovia | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Epónimo
| |||||||||
|
Estado de uso
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Operador/a
| |||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||
|
Fundación
| |||||||||
|
Inauguración
| |||||||||
| Transporte | |||||||||
|
Servizo de conexión
| |||||||||
|
Código de estación
| |||||||||
|
Estación adxacente
| |||||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
Segovia-Guiomar é a estación ferroviaria de alta velocidade de Adif da cidade de Segovia. Atópase na liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, a uns 6 quilómetros do centro da cidade, na contorna do polígono industrial de Hontoria.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 68,3 da liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, entre as estacións de Madrid-Chamartín e Valladolid-Campo Grande.

Historia
[editar | editar a fonte]A construción foi inaugurada o 22 de decembro de 2007 coincidindo coa inauguración da liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid.[1] Foi inaugurada polo presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, o presidente da Xunta de Castela e León Juan Vicente Herrera, a ministra de Fomento Magdalena Álvarez e o alcalde de Segovia Pedro Arahuetes, entre outras autoridades.
Denominación
[editar | editar a fonte]O nome de Segovia-Guiomar foi elixido por Adif e segue as pautas marcadas polas que o nome da estación debía ser: feminino, relacionado coa cidade de Segovia e que non tivese carácter relixioso. Descartouse así a idea de chamala Isabel a Católica polas connotacións obviamente relixiosas. O nome adoptado corresponde a Pilar de Valderrama na vida real; Guiomar na poesía de Antonio Machado a cal foi parella de autor; o cal pasou un longo período da súa vida traballando na cidade de Segovia. Machado foi catedrático de francés do Instituto de Segovia de 1919 a 1932, sendo usuario habitual do ferrocarril para desprazarse a Madrid.
A estación
[editar | editar a fonte]A estación responde a un deseño tipo ponte, é dicir: atópase sobre as vías.
Atópase a uns 300 metros da autoestrada AP-61 (Segovia-San Rafael). Nun principio o acceso a esta estación foi algo precario, xa que a celeridade coa que se puxo en marcha a liña ferroviaria e a propia estación desbordou a administración municipal; o viario de acceso anterior foi o que veu usando polos vehículos pesados durante a magna obra de construción da estación, a liña de alta velocidade así como dos túneles de Guadarrama que dan servizo a esta liña constituídos por dúas bocas de 28 quilómetros cada unha converténdose nun dos cinco túneles ferroviarios máis grandes do mundo, cuxa saída norte sitúase a escasos metros de Segovia Guiomar.
Hoxe en día a estación goza dun mellor acceso que parte da saída da cidade que sae cara a AP-61. Un dos puntos fortes da obra foi a ponte sobre a SG-20 (estrada de circunvalación de Segovia) e que alcanza unha luz máxima de 12 metros de taboleiro de formigón armado.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 24 de xuño de 2016.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Zapatero inaugura a nova estación do AVE Segovia-Guiomar". El Economista. 22 de decembro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Segovia-Guiomar |
