Estación de Curtis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 43°07′38″N 08°08′35″O / 43.12722, -8.14306

Curtis
Estación de Curtis A Coruña Galiza.jpg
Estación de Curtis.
Situación Curtis
Servizos Taxis
Liñas
Longa Distancia Alvia, Trenhotel
Media distancia MD

Curtis é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Curtis, no concello de Curtis, provincia da Coruña. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Ten tamén funcións loxísticas.[1]

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 497,6 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[2], entre as estacións de Teixeiro e Piñoi. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[3] A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.[4] Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada RENFE.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación[editar | editar a fonte]

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. A estación atópase situada na parroquia coñecida como Curtis-Estación, ao norte do núcleo urbano de Curtis.

Conta cunha plataforma lateral e outra central ás que acceden dúas vías. A estación consta dun total de catro vías pasantes numeradas como 1, 2, 4 e 6[1], ás que se lles suman tres vías mortas, usadas para o estacionamento de vagóns, xa que nesas vías procédese a expedir trens madeireiros que son cargados alí.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos
Ourense-Empalme

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ficha técnica Adif
  2. "Listado de Líneas y Estaciones" (PDF). Minsterio de Fomento (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  3. García Raya, Joaquín (2006). "Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha" (PDF). IV Congreso Historia Ferroviaria : Málaga, septiembre-2006 (en castelán). Junta de Andalucía, Consejería de Obras Públicas y Transportes. 
  4. Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Spanishrailway

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]