Estación de Tudela de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°03′33″N 1°35′52″O / 42.05917, -1.59778

Tudela de Navarra
Tudela - Estación de ADIF 2.jpg
Fachada da estación
SituaciónTudela (Navarra)
ServizosAparcamiento.svgAseos.svgRestaurante e cafeteríaCarros portaequipajes.svgAlquiler de coches.svgServicios adaptados.svg
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Tudela de Navarra é unha estación ferroviaria situada no municipio español de Tudela, en Navarra. Dispón de servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación encóntrase no punto quilométrico 77,4 da liña férrea que une Casetas en Zaragoza con Bilbao a 261 metros de altitude.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 16 de maio de 1861 coa apertura do tramo Tudela-Caparroso da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía del Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.[2] Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarriles de Zaragoza a Pamplona y Barcelona.[3] En 1878, todas estas compañías remataron absorbidas por Norte. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración de Norte na recentemente creada RENFE.

Plataformas da estación

Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é o titular das instalacións ferroviarias.

A estación[editar | editar a fonte]

Sitúase ao norte do núcleo urbano na praza da Estación preto do Parque da Azucarera. Posúe un amplo edificio para viaxeiros formado por un pavillón central de tres pisos, dúas ás anexas e dúas torres en cada extremo. Ten catro vías e dúas plataformas, unha lateral e outra central. Ambas están cubertas por marquesiñas propias.

Dispón de venda de billetes, punto de información, sala de espera, aseos, cafetería, restaurante, alugueiro de coches e servizos adaptados para as persoas con discapacidade. No exterior existe un aparcadoiro habilitado e parada de autobuses.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 7 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla Pamplona 3/4 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 6 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro Bilbao-Abando 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Alfaro · Calahorra Logroño 6 trens semanais por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 7 de xullo de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
22 Rexional Exprés Zaragoza-Delicias <> Logroño
Castejón de Ebro
26 Rexional Exprés Zaragoza-Delicias <> Pamplona

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rede ferroviaria española" (PDF). Ministerio de Fomento. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 10 de maio de 2013. 
  2. Memoria de FZP páxina 3, froito da Xunta Xeral de Accionistas celebrada o 8 de xuño de 1861.
  3. Zaragoza a Pamplona e Alsasua Arquivado 15 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. spanishrailway

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]