Estación de Pamplona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°49′30″N 1°39′41″O / 42.824987, -1.661475

Pamplona-Iruña
A estación en 2013.
SituaciónPamplona
ServizosAseos Servizos adaptados Aparcadoiro Cafetería
Liñas
Longa DistanciaAlvia
Media distanciaRexional Exprés
Intermodalidade
Bus
Autobús urbano TMG

A estación de Pamplona, oficialmente Pamplona-Iruña e antigamente coñecida como estación do Norte, é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Pamplona, en Navarra. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 181 da liña férrea de ancho ibérico que une Castejón de Ebro e Altsasu, a 413 metros de altitude.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi aberta ao tráfico o 15 de setembro de 1860 coa apertura do tramo Caparroso-Pamplona da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía do Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.[2] Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarrís de Zaragoza a Pamplona e Barcelona.[3] O 1 de abril de 1878 a súa mala situación económica forzouna a aceptar unha fusión con Norte.[3] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración de Norte na recentemente creada Renfe. Foi no seu momento ata 1956 estación de empalme co Irati (ferrocarril Pamplona-Sangüesa) que accedía para combinar o transporte de viaxeiros e mercadorías entre ambos os ferrocarrís.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación[editar | editar a fonte]

Está situada na praza da Estación, no barrio de San Jorge/Sanduzelai ao oeste do centro urbano.

O actual edificio para viaxeiros é unha ampla estrutura de dúas plantas e base rectangular con disposición lateral ás vías. Ten punto de información, venda de billetes, aseos e cafetería. En total dispón de dez vías aínda que só tres teñen acceso a unha plataforma lateral e a outra central.

No exterior hai unha zona de aparcadoiro habilitada así como unha parada de autobuses urbanos.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 7 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla Pamplona 3/4 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 6 trens semanais por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 7 de xullo de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
26 Rexional Exprés Zaragoza-Delicias <> Pamplona
26 Rexional Exprés Castejón de Ebro <> Vitoria
Intercity Barcelona-Sants <> Pamplona

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. Memoria de FZP páxina 3, froito da Xunta Xeral de Accionistas celebrada o 8 de xuño de 1861.
  3. 3,0 3,1 Zaragoza á Pamplona y Alsasua spanishrailway

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]