Saltar ao contido

Apeadoiro de Pontevedra-Universidade

Apeadoiro de Pontevedra-Universidade
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Estado de uso
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
Datas
 Fundación / creación
outubro de 2001 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
27 de xaneiro de 2002 Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Servizo de conexión
 Código de estación
23018 Editar o valor en Wikidata
 Liñas ferroviarias
 Número de plataformas
1 Editar o valor en Wikidata
 Número de beiras
2 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altitude
   20 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

Pontevedra-Universidade é un apeadoiro ferroviario de Adif na cidade de Pontevedra. Está situada no norte da cidade na liña Santiago de Compostela-Redondela.

Inaugurado en 2001, está operado por Media distancia Renfe. Dá servizo ao campus universitario da Xunqueira de Pontevedra.

Localización ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A 17 metros de altitude, o apeadoiro ferroviario Pontevedra-Universidade atópase no punto quilométrico (PK) 19,9 da liña de ancho ibérico Redondela-Santiago de Compostela, entre as estacións de Pontevedra e Portela.[1]

En novembro de 1998 empezáronse a barallar datas concretas para a construción dun apeadoiro ferroviario preto do campus de Pontevedra. As obras do apeadoiro ferroviario ao campus adxudicáronse en xullo de 1999.[2]

O apeadoiro Pontevedra-Universidade foi finalmente posto en servizo por Renfe en outubro de 2001 para dar servizo ao campus de Pontevedra.[3]

Desde o 31 de decembro de 2004, ADIF é o operador do apeadoiro ferroviario. En xuño de 2021, ADIF decidiu mellorar as ramplas de acceso ao apeadoiro e a iluminación.[4]

Servizos para os pasaxeiros

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A estación dispón de dúas plataformas con videovixilancia, marquesiñas e paneis electrónicos de información sobre a chegada e saída dos trens, un sistema de aviso de emerxencias e un reloxo.

Por Pontevedra-Universidade circulan trens de Media Distancia de Renfe, principalmente con orixe ou destino nas estacións da Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo-Guixar.

Liña Percorrido Continua ata
A CORUÑA-SAN CRISTOVO · Uxes · Meirama · A Vila da Igrexa · Cerceda · Ordes-Pontraga · SANTIAGO DE COMPOSTELA · Osebe · A Escravitude · Padrón · Pontecesures · Catoira · Vilagarcía de Arousa · Portela · Pontevedra-Universidade · PONTEVEDRA · Arcade · Cesantes · Redondela-Picota · Redondela · Chapela · VIGO -

Intermodalidade

[editar | editar a fonte]

Hai autobuses entre o apeadoiro e o campus universitario.[5]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Listado de lineas y estaciones" (PDF). sede.fomento.gob.es (en castelán). 3 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 08 de xaneiro de 2023.
  2. "El tren al campus, a toda marcha". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de abril de 2001.
  3. "El tren por fin llegará este año al campus". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de setembro de 2001.
  4. "Adif mejorará el apeadero del tren en el campus para los universitarios". Diario de Pontevedra (en castelán). 7 de xuño de 2021.
  5. "Transporte en Pontevedra". uvigo.gal/es (en castelán). 3 de xuño de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]