Estación do Carril
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 42°36′29.6″N 08°46′03.0″O / 42.608222, -8.767500
Carril | |
---|---|
![]() Estación do Carril | |
Situación | Vilagarcía de Arousa |
O Carril foi unha estación, posteriormente reconvertida en apeadoiro, de RENFE no lugar do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.
Historia[editar | editar a fonte]
O primeiro ferrocarril de Galicia foi inaugurado entre esta estación e Cornes (Conxo), o 15 de setembro de 1873. Na actualidade, consérvase o predio de viaxeiros, rehabilitado como museo do ferrocarril [1] en 2006.
O 1 de novembro de 1992 fecharon os talleres de material remolcado anexos, que tiñan as súas orixes canda os da estación e que foran recuperados nos tempos da Guerra Civil española.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Carril e o ferrocarril". www.patrimoniovilagarcia.com (en castelán). Consultado o 2018-10-12.
- ↑ Susana Luaña (2013-10-27). "El maná de los talleres de Renfe". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-16.