Estación de Ribadavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°17′35″N 8°08′21″O / 42.2931, -8.13912

Ribadavia
Estación de ferrocarril de Ribadavia
SituaciónRibadavia
Liñas
Longa DistanciaTrenhotel
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Ribadavia é unha estación de tren de Adif situada na vila de Ribadavia, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa e media distancia.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 72,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 87 metros de altitude, entre as estacións de Barbantes e Filgueira.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 18 de xuño de 1881 coa aperta do tramo Ourense-Arbo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación[editar | editar a fonte]

Está situada ao norte do concello. O seu edificio para viaxeiros é unha ampla estrutura de base rectangular e dúas alturas que recobre un tellado de catro vertentes. Dispón de dúas plataformas curbadas (unha lateral e outra central) á que acceden tres vías. A plataforma lateral conta cunha marquesiña metálica encostada ao edificio principal como elemento de protección.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa Distancia[editar | editar a fonte]

Actualizados a 14 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 14 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]