Estación de Covas
Estación de Covas | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Uso(s) | en funcionamento ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Ourense | |||
Concello | Rubiá ![]() | |||
Transporte | ||||
Código de estación ferroviaria | 20207 ![]() | |||
Liña de tren | Liña Palencia - A Coruña ![]() | |||
Servizo de conexión | Rexional Exprés ![]() | |||
Media distancia | Rexional Exprés | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Adif ![]() | |||
Operador/a | Renfe Operadora ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Covas é unha estación de tren de Adif, situada en Covas, no concello de Rubiá, provincia de Ourense. Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]Está situada no punto quilométrico 275,4 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 402 metros de altitude,[1] entre as estacións de Quereño e A Barosa. O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media Distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe | <> | Destino |
---|---|---|---|---|
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada |
<> | Vigo-Guixar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información da estación na web de Adif Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)