Estación de Tafalla
| Estación de Tafalla | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Tafalla | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Estado de uso
| |||||||
|
Instalacións
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Operador/a
| |||||||
|
Propietario/a
| |||||||
| |||||||
| Transporte | |||||||
|
Servizo de conexión
| |||||||
|
Código de estación
| |||||||
|
Estación adxacente
| |||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||
|
Número de beiras
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
A estación de Tafalla é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Tafalla, en Navarra. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 138,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Castejón de Ebro e Altsasu, a 421,5 metros de altitude.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi aberta ao tráfico o 15 de setembro de 1860 coa apertura do tramo Caparroso-Pamplona da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía do Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.[2] Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarrís de Zaragoza a Pamplona e Barcelona.[3] O 1 de abril de 1878 a súa mala situación económica forzouna a aceptar unha fusión con Norte.[3] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración de Norte na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
En 2013 os seus usuarios comezaron a preocuparse pola posible desaparición desta estación, dado que o proxecto do tren de alta velocidade de Navarra non contempla unha estación en Tafalla. Por este motivo solicitaron o apoio de máis de 3.000 veciños da comarca de Tafalla cunha recollida de firmas. O 15 de setembro de 2013, con motivo do 153 aniversario da inauguración desta estación, convocaron un acto nas súas instalacións para reivindicar o seu mantemento.[4]
A estación
[editar | editar a fonte]Sitúase ao oeste do núcleo urbano. O edificio para viaxeiros nunha ampla estrutura formada por un pavillón central de tres pisos e dúas ás laterais de menor altura. Os seus vans, están decorados con arcos de medio punto. Ten tres plataformas, unha lateral e dúas centrais ás que acceden tres vías. Dispón de venda de billetes, sala de espera, aseos e cafetería. No exterior existe un aparcadoiro habilitado.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 22 de xuño de 2016.
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 22 de xuño de 2016.
| Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| 26 | Rexional Exprés | Zaragoza-Delicias | <> | Pamplona |
| 26 | Rexional Exprés | Castejón de Ebro | <> | Vitoria |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ Memoria de FZP páxina 3, froito da Xunta Xeral de Accionistas celebrada o 8 de xuño de 1861.
- ↑ 3,0 3,1 Zaragoza á Pamplona y Alsasua spanishrailway
- ↑ "Los tafalleses no quieren perder el tren". www.noticiasdenavarra.com (en castelán). Consultado o 2022-04-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Tafalla |
