Estación da Pobra do Brollón
Coordenadas: 42°32′1.37″N 7°23′59.87″O / 42.5337139, -7.3999639
A Pobra do Brollón | |
---|---|
Situación | A Pobra do Brollón |
Liñas | |
Media distancia | Rexional Exprés |
A Pobra do Brollón é unha estación de ferrocarril de Adif situada no lugar da Estación, no concello da Pobra do Brollón, provincia de Lugo, Galicia. Ten servizos de media distancia.
Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]
Está situada no punto quilométrico 350,7 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 416 metros de altitude,[1] entre as estacións de Monforte de Lemos e O Freixeiro. O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia[editar | editar a fonte]
A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
En 2011 Adif realizou obras de mellora das instalacións, como o recrecemento das plataformas, a substitución dos pasos peonís e melloras na cuberta, as portas e as fiestras do edificio de viaxeiros.[3]
Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]
Media Distancia[editar | editar a fonte]
Os servizos de Media Distancia de Renfe que teñen parada na estación enlazan A Pobra do Brollón coa cidade de León. Non obstante, non existe parada de ningún tren en sentido contrario.
Actualizado a 18 de xuño de 2016.
Liña | Trenes | Orixe | > | Destino |
---|---|---|---|---|
6 | Rexional Exprés | Vigo-Guixar | > | León |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
- ↑ "Adif mejora la estación de A Pobra do Brollón". El Progreso. 24 de febreiro de 2010.