Estación de Pontevedra
Coordenadas: 42°25′18″N 08°38′09″O / 42.42167, -8.63583
Pontevedra | |
---|---|
![]() Estación de ferrocarril de Pontevedra | |
Situación | Avenida da Estación s/n 36003 Pontevedra |
Servizos | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Trenhotel |
Media distancia | MD Rexional |
Intermodalidade | |
![]() | Estación de Autobuses |
Outros | Taxi |
A estación de Pontevedra é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia, incluíndo os do eixe atlántico de alta velocidade. Ten tamén funcións loxísticas.[1]
Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]
A estación forma parte da seguintes liña férreas de ancho ibérico:
- Liña férrea Redondela-Santiago de Compostela, punto quilométrico 18,00.[2]
- Liña férrea Pontevedra-Marín, liña que une Pontevedra co porto de Marín.[3]
Historia[editar | editar a fonte]
En 1863 creouse a sociedade do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel co propósito de unir Santiago de Compostela co Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.[4] Esta sociedade foi vendida en 1866 a The West Galicia Railway Company Limited, compañía británica que foi quen puxo en marcha o mencionado tramo o 15 de setembro de 1873 tras once anos de traballo. En 1889 púxose en marcha o tramo de 42 quilómetros que permitiu prolongar a liña ata Pontevedra.[4]
Tres anos antes, en 1886, a Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo (xeralmente abreviada como MZOV) concluíra o trazado da liña férrea que unía Monforte de Lemos con Vigo e que se pretendía prolongar a Portugal.[5] Esta liña contou cunha ligazón desde Redondela que alcanzaba a recentemente creada estación de Pontevedra.
O 9 de setembro de 1928, MZOV fíxose co control de The West Galicia Railway Company Limited.[5] Con todo esta situación só durou un ano tras ser absorbida a primeira pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste. En 1941, Oeste foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe quen xestionou a estación ata a súa separación en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
A actual estación foi inaugurada o 8 de agosto de 1966[6], substituíndo a vella do barrio de Campolongo.
En 2007 e 2008 adxudicáronse as obras dos tramos que unen a cidade co chamado eixe atlántico de alta velocidade que facilitarán as conexións de alta velocidade con Pontevedra.
Entre 2013 e 2015 a estación de Pontevedra recibiu unha profunda remodelación total das instalacións ferroviarias. Demoléronse todas as plataformas e vías, construíronse 3 novas plataformas e unha nova praia de vías con dúas vías centrais pasantes e 5 vías con plataforma. Realizouse un enorme paso inferior que substitúe ao antigo paso inferior, actualmente transformado en galería de servizos. Instaláronse ascensores nas tres plataformas e fíxose a preinstalación para 6 escaleiras mecánicas, instalando finalmente só dúas, de subida nas 2 plataformas máis usadas.
A estación[editar | editar a fonte]
O edificio de viaxeiros da estación de Pontevedra é unha estrutura de dous pisos de planta alongada e rectangular revestida de pedras e adornada no seu acceso principal por un amplo arco nun frontón triangular. Sitúase na Avenida da Estación, na zona sueste da cidade, no lugar da Parda. Está a carón do río dos Gafos e da estación de autobuses, e por diante dela pasa a vía portuguesa do camiño de Santiago.
Conta con tres plataformas, a principal pegada ao edificio e dúas laterais cinco vías. Entre a plataforma principal e as dúas laterais hai dúas vías centrais pasantes. Os cambios de plataforma realízanse grazas a un paso subterráneo. Dispón de venda de billetes, atención ao cliente, aseos e cafetería. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existen varias zonas de aparcadoiro e unha parada de taxi.
No ano 2000 inaugurouse o Centro Comercial Vialia, anexo á estación de ferrocarril, explotada por ADIF. Nel hai 8 salas de cinema, amais de tendas de agasallos, servizos, lecer e restauración.
Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]
Longa Distancia[editar | editar a fonte]
Actualizados a 12 de xuño de 2016.
Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observacións |
---|---|---|---|---|
Alvia | Madrid-Chamartín | Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar | Pontevedra | 1 tren diario por sentido |
Alvia | Alacant-Terminal | Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar | Pontevedra | 1 tren semanal por sentido |
Trenhotel Rías Galegas | Madrid-Chamartín | Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar | Pontevedra | 1 tren diario por sentido |
Media distancia[editar | editar a fonte]
Actualizados a 12 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Avant (MD) | A Coruña Santiago de Compostela Pontevedra |
<> | Vigo-Urzáiz | |
1 | MD | A Coruña Santiago de Compostela Pontevedra |
<> | Vigo-Guixar |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha técnica Adif
- ↑ Ministerio de Fomento. "Rede ferroviaria española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 2 de agosto de 2014.
- ↑ Liña Pontevedra-Marín Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
- ↑ 4,0 4,1 Pontevedra a Santiago (The West Galicia Railway Company Limited) Arquivado 29 de xuño de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
- ↑ 5,0 5,1 Monforte a Vigo e Pontevedra (vía Ourense) Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
- ↑ No-Do do 22 de agosto de 1966, na Filmoteca de RTVE.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- López Torre, Rafael (2015): "La nueva estación de ferrocarril", pp. 226–235, en Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015 (en castelán).