Instituto do Dereito Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo of Institut de Droit International.svg

O Instituto de Dereito Internacional (en francés Institut de Droit International) é unha organización privada destinada ao estudo e desenvolvemento do Dereito internacional.

A idea de crealo naceu do belga Gustave Rolin-Jaequemyns e outros 10 xuristas o 8 de setembro de 1873 En 1874 ten lugar a primeira sesión, en Xenebra (Suíza), actual sede.

Organización do IDI[editar | editar a fonte]

O instituto está formado por 72 asociados, 60 membros (entre eles 7 españois) e membros honorarios (entre eles o exipcio Butros Butros-Ghali). Os membros, convidados pola organización, son persoas que demostraron un traballo académico notable na área do Dereito internacional, e está restrinxido a aqueles que se consideran libres de presións políticas. A intención da organización é ter membros distribuídos por todo o mundo; están representados máis de 100 países diferentes. Algúns dos seus membros son xuíces no Tribunal Penal Internacional.

O instituto organiza congresos bianuais para estudar o Dereito internacional existente naquel momento, e proponse modificacións alí onde o consideren. As súas recomendacións afectan as áreas dos dereitos humanos, e as resolucións pacíficas de conflitos, e sempre baixo a supremacía da xustiza e da humanidade. Por estes motivos foi galardoado en 1904 co Premio Nobel da Paz.

A organización aínda se mantén activa. Algunha das resolucións máis recentes son por exemplo as recomendacións sobre inmunidade cara á persecución aos xefes de estado, e a responsabilidade dos gobernos nos danos ao medio ambiente de impacto internacional. Aínda que non teñen poder decisivo sobre os gobernos, xa que se trata dunha organización privada, as súas recomendacións tómanse con moito respecto, e a miúdo inclúense nos corpos normativos dos tratados internacionais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]