Graffiti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Graffiti.

Denomínase graffiti (palabra plural tomada do italiano graffiti, que vén do verbo graffire) ou pintada a varias formas de inscrición ou pintura, xeralmente sobre mobiliario urbano.

Na linguaxe común, o graffiti é o resultado de pintar por riba dos muros imaxes, frases ou palabras que decote van cargadas con contido político ou social; pode de igual xeito tratarse dunha sentenza ofensiva ou dunha reivindicación, polo que o graffiti non se axusta á vixencia lexislativa, prescindido de autorizacións, malia que ás veces as pintadas se realizan baixo supervisión e control.

No eido dos graffitis cómpre lembrar a Keith Haring (1958 - 1990), pintor norteamericano que alcanzou a fama coas pintadas realizadas sobre os vagóns do metro de Nova York nos anos 80 do pasado século.

O lado occidental do Muro de Berlín estivo totalmente cuberto de pintadas, nunha clara expresión de reivindicación política contra o Muro.

Galería de imaxes [editar]

Graffiti en Alemaña.

Graffiti en Alemaña.