Tunes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°48′N 10°11′E / 36.800°N 10.183°E / 36.800; 10.183

Tunes
تونس‎ Tūnis (en árabe)
MontageTunis.jpg
Imaxes da cidade
Situación xeográfica
Tunes en Tunisia
Tunes
Tunes
País Flag of Tunisia.svg Tunisia
Gobernato Tunes
Xeografía
Altitude 4 msnm
Superficie 212,63 km²
Poboación
Poboación 651.183 hab. (2013)
Densidade 9.406,01 hab/km²
Xentilicio Tunesino/a[1]
Información
Código postal
Alcalde Seifallah Lasram
Páxina web Páxina oficial de Tunes

Tunes (en grafía árabe تونس ; en francés Tunis) é a principal cidade da Tunisia. Capital ininterrompida do país desde o 20 de setembro de 1159 (5 de ramadán de 554, consonte ao calendario musulmán), por decisión dos almohades, status que confirmou a dinastía dos Hafsidas en 1228. É así mesmo a capital da gobernación do mesmo nome, creada en 1956. O santo patrón, islámico, de Tunes é Sidi Mahrez que da o seu nome a unha mesquita da cidade.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situada ao norte do país, ao fondo do golfo de Tunes, do que a separa o lago de Tunes, a cidade sesténdese pola chaira litoral e polos outeiros próximos. Está poboada por 728.453 habitantes (2004), denominados tunesinos, pero enmárcase dentro dunha aglomeración metropolitana moito máis extensa (até 30 km, alcanzando os suburbios setentrionais de La Marsa), na que moran arredor de 2.300.000 de habitantes (2006), e comprende 4 gobernacións, que conforman o Gran Tunes, a saber: Tunes, Ben Arus, a Ariana e a Manuba.

Clima[editar | editar a fonte]

A cidade ten un clima mediterráneo meridional, con 18 °C de temperatura media anual (que oscila entre os 11 °C de xaneiro e os 27 °C de agosto). Nun período de 30 anos de rexistros a máxima absoluta atinxiu 46 °Cº e a mínima -1 °C. A pluviosidade total anual é de 440 litros, sen precipitacións durante os meses de xullo e agosto, mentres que durante o outono e o inverno concentra o 78% das chuvias.

Monumentos[editar | editar a fonte]

A medina[editar | editar a fonte]

A medina, ou cidade antiga, de Tunes foi declarada Patrimonio Mundial da UNESCO en 1979. A medina contén sobre 700 monumentos, incluíndo palacios, mesquitas, mausoleos, madrasas e fontes, que se remontan, en ocasión ao período almohade e a dinastía hafsida. Entre eses antigos edificios salientan:

  • A Gran Mezquita (que engloba a Universidade Islámica e a biblioteca)
  • A Mezquita Ez-Zitouna ("Mezquita da oliveira"), erguida en 723 por Ubaid Allah Ibn-al-Habhab para celebrar a nova capitalidade.
  • Dar-al-Bey, ou Palacio do Bey, que comprende construcións e obras de diferentes estilos e períodos, do que se coida que se levanta sobre os restos do teatro romano e do palacio do século X de Ziadib-Allah II al Aghlab.

Outros monumentos[editar | editar a fonte]

  • O Museo do Bardo, contén coleccións provenientes do período romano-africano, así como da Grecia Antiga e dos diferentes períodos da historia de Tunisia. O edificio foi, en orixe, un palacio hafsida do século XIII.
  • Nas proximidades xacen as ruínas de Cartago, na costa nordeste.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tunes

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]