Soweto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johannesburg, incluída Soweto, desde a Estación Espacial Internacional

Soweto é un área urbana próxima a Johannesburgo, na provincia de Gauteng (Suráfrica). Soweto é unha da cidades con máis crecemento do país, de feito parece que pronto superase a Xohanesburgo pero no censo de 1996 contaba con 1.098.094 habitantes.

Durante os tempos do apartheid, Soweto foi construída co fin de aloxar aos africanos negros que ata entón vivían en áreas designadas polo goberno para os brancos (como a área multirracial chamada Sophiatown). Hoxe en día, a poboación de Soweto segue sendo maioritariamente negra.

O nome Soweto é unha contracción do inglés "Xouth Western Township" (Municipio do Suroeste), e non significa nada á parte disto en ningunha outra lingua surafricana.

Soweto chegou ás noticias en 1976, cando se produciron disturbios ante a decisión do goberno de promover a educación en afrikaans en lugar de inglés. Ver Historia de Suráfrica.