Tenzin Gyatso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dalai Lama 1430 Luca Galuzzi 2007crop.jpg

Jetsun Jamphel Ngawang Lobsang Yeshe Tenzin Gyatso, ou Tenzin Gyatso, nado o 6 de xullo de 1935 na localidade chinesa de Taktser, provincia de Qinghai, é un líder político e relixioso do Tibet. O 17 de novembro de 1950 foi coroado en Lhassa como 14º Dalai Lama, sendo proclamado dirixente político do Tíbet e líder espiritual do lamaísmo, ou budismo tibetano. Entón o seu nome de nacemento, Lhamo Dondrub, foi trocado polo actual.

En 1959 tivo que fuxir do Tibet cruzando a pe o Himalaia para entrar na India, acompañado doutros 80.000 tibetanos, e declarou o goberno no exilio. En 1963 publicou unha constitución baseada na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, e creou na localidade india de Dharamsala unha "capital no exilio".

En 1989 recibiu o Premio Nobel da Paz pola súa resistencia constante ó uso da violencia na loita da súa xente para recuperar a liberdade. En marzo de 2011 anunciou a súa renuncia a tódolos cargos políticos do goberno no exilio.[1]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas [editar]