Noitevella
A Noitevella é a derradeira noite do ano, comprendendo dende 31 de decembro ata o 1 de xaneiro (día de Aninovo).
Índice |
Historia e características [editar]
Son innumerables as tradicións e as supersticións que se manifestan por todo o mundo en relación a esa noite. En España, por exemplo, quizais a máis coñecida é a das doce uvas[1] que consiste en tomar as uvas de unha en unha mentres soan as 12 badaladas da fin de ano e, duns anos a esta parte, púxose de moda levar roupa interior vermella: bragas, calzóns, unha liga, etc.
En Colombia tamén se adoptou a tradición das doce uvas, especialmente na rexión andina do país. A diferenza de España, a roupa interior a levar debe ser de cor amarela.
En Chile tamén se adoptou a tradición de comer lentellas no momento que dan as doce da noite, e en certos lugares, cando comezan os fogos artificiais.
Na maioría dos países, con todo, o costume máis estendido é brindar con cava ou champaña tras as 12 badaladas. Os primeiros en entrar no novo ano son os habitantes de Kiribati recorrendo o mundo e rematando na outra punta do mundo.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|
|||||