Mártir
Denomínase mártir (do griego «μάρτυρας», «testemuña») á persoa morta na defensa dalgunha causa, co que dá «testemuño» da súa fe nela.
Índice |
No cristianismo [editar]
No mundo occidental de tradición cristiá, a palabra ten historicamente connotacións relixiosas, pois se considerou que un mártir era unha persoa que morría pola súa fe relixiosa, e en moitos casos era torturada ata a morte.
Os mártires cristiáns dos tres primeiros séculos despois de Cristo eran asasinados polas súas conviccións relixiosas (ás veces eran crucificados como Cristo) da mesma xeito que os prisioneiros políticos romanos ou arroxados aos leóns nun espectáculo circense. Con todo, algúns historiadores da Igrexa, por exemplo John Fletcher e Alfonso Ropero afirman que houbo máis mártires cristiáns no século XX que no conxunto dos dezanove séculos anteriores.[1]
En moitas ocasións levántanse edificacións relixiosas posteriores alí onde se produciu un martirio cristián. Exemplo diso é o lugar de martirio de San Servando e San Xermán, situado segundo a lenda en San Fernando (Cádiz), ermida que podemos contemplar na imaxe.
Notas [editar]
- ↑ John Fletcher, Alfonso Ropero, "Historia General del Cristianismo", ISBN 978-84-8267-519-0, sección "La Iglesia Contemporánea", cap 16: "El siglo de los mártires"
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Vicente Guzmán Garrido (2008). Persecuciones religiosas y mártires del siglo XX. ISBN 978-84-8239-522-7. http://books.google.es/books?id=QhXRE-Mk5UkC.
- Francisco Aznar Bastías (2008). Quiénes son y de dónde vienen: 498 mártires del siglo XX en España. ISBN 978-84-7141-635-3.
- Antonio Socci (2003). Los nuevos perseguidos. ISBN 9788474906882. http://books.google.es/books?id=pS2gaSdiTH4C.