Michael Jackson
| Michael Jackson | |
|---|---|
Michael Jackson en 1984. |
|
| Nome completo | Michael Joseph Jackson |
| Alias | Rei do Pop |
| Naceu | 29 de agosto de 1958 |
| Orixe | Gary, Indiana |
| Morreu | 25 de xuño de 2009 Ánxeles |
| Ocupación (s) |
|
| Xénero | Rock, hard rock, R&B, soul, funk, disco, dance, new jack swing, pop. |
| Instrumento(s) | Voz |
| Tipo de voz | Contratenor |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | 1967 – 2009 |
| Web | www.michaeljackson.com |
| Sinatura: |
|
Michael Joseph Jackson, nado en Gary (Indiana) o 29 de agosto de 1958 e finado en Los Angeles o 25 de xuño de 2009, máis coñecido soamente como Michael Jackson, foi un músico, artista e home de negocios estadounidense, cuxas únicas contribucións á música e baile populares, xunto á súa moi publicitada vida persoal, o fixeron parte central da cultura popular durante catro décadas. Sendo un dos poucos artistas en ser incluído no Salón da Fama do Rock por dúas veces, os seus logros fixeron que acadase varios Récords Guinness do Mundo[1], 13 Premios Grammy, 13 sinxelos números un e a venda de máis de 750 millóns de discos en todo o mundo.
Tras formar nos anos sesenta, sendo aínda un neno, un grupo de grande éxito en compaña dos seus irmáns, The Jackson Five, na década dos oitenta convértese na superestrela de pop máis exitosa a nivel mundial, debido ó extraordinario impacto do seu álbum Thriller (1982), o máis vendido da historia da música con máis de 40 millóns de discos vendidos. Dende entón foi coñecido mundialmente como o Rei do Pop.
Índice |
Infancia [editar]
Michael Jackson foi nado o 29 de Agosto de 1958 como o octavo de 10 fillons dunha familia afroamericana de clase traballadora que vivía nunha pequena casa de tres habitacións en Gary, Indiana, una cidade industrial de Chicago. Súa nai, Katherine Esther Scruse, foi una devota testemuña de Xehová, e seu pai, Joseph Walter "Joe" Jackson traballaba nunha fábrica e cantaba no conxunto musical The Falcons. Michael tivo trés irmás: Rebbie, La Troya e Janet, ademais de cinco irmáns: Jackie, Tito, Jermaine, Marlon e Randy. Un sexto irmán, Brandon, morreu pouco despois de nacer.
Durante a súa infancia Jackson foi víctima de malos tratos por parte do seu pai.
Traxectoria [editar]
O sétimo fillo da familia Jackson, fixo o seu debut en 1968 como membro de The Jackson 5, comezando unha carreira en solitario en 1971 mentres aínda era membro do grupo, unha carreira que lle fixo gañar o alcume de "Rei do pop". O seu álbum Thriller de 1982 continúa sendo o álbum mellor vendido de todos os tempos, con outros catro dos seus álbums en solitario entre os máis vendidos: Off the Wall (1979), Bad (1987), Dangerous (1991) e HIStory (1995).
A comezos dos anos 80, converteuse nunha figura dominante da cultura popular estadounidense. Foi o primeiro artista afroamericano en acumular un forte crossover seguido na MTV, con vídeos como "Beat It", "Billie Jean" e Thriller[2] dándolle fama á, relativamente, nova canle. Vídeos como "Black or White" e "Scream" fixeron del unha figura asidua na MTV durante os anos 90. Máis aló do seu éxito televisivo, popularizou un bo número de técnicas de baile fisicamente complicadas, como o robot e o moonwalk ("paseo da lúa"), coas súas interpretacións elaboradas no escenario. O seu son musical distintivo e estilo vocal influenciaron a moitos artistas de hip hop, pop e rhythm and blues contemporáneo ao longo de varias xeracións. Jackson tamén deu o seu apoio a 39 entidades benéficas: doou e gañou millóns de dólares a través da súa Heal the World Foundation, así como interpretando sinxelos de caridade.
Diversos aspectos da súa vida persoal, incluíndo o seu cambio de aparencia e comportamento, xeraron unha importante controversia. Jackson experimentou problemas de saúde desde principios dos 90, xunto con informes discrepantes con respecto ao estado das súas finanzas. Foi acusado de abuso sexual dun menor en 1993, a súa saúde e reputación foron seriamente afectadas, aínda que foi absolto de todos os cargos por falta de probas. Casou dúas veces e foi pai de tres cativos, un deles usando unha nai de aluguer, algo que deu lugar a posteriores especulacións sobre a súa vida. En 2005, foi xulgado e absolto en relación con diferentes denuncias de abuso sexual de menores. Morreu o 25 de xuño de 2009, aos 50 anos de idade, despois de sufrir un paro cardíaco. O seu funeral público, o 7 de xullo de 2009, foi emitido en directo en todo o mundo, e foi visto por máis de mil millóns de persoas[3]; en España, o acto foi seguido por 3,4 millóns de televidentes[4].
Galería [editar]
-
Estrela de Michael Jackson no Paseo da Fama de Hollywood.
-
Vista aérea do Neverland Ranch preto de Los Olivos, California.
Discografía [editar]
- Got to Be There - 1972
- Ben - 1972
- Music & Me - 1973
- Forever, Michael - 1975
- Off the Wall (1979
- Thriller - 1982
- Bad (- 1987
- Dangerous - 1991
- HIStory - 1995
- Blood On The Dance Floor - 1997
- Invincible - 2001
Notas [editar]
- ↑ Entre eles o título de "Artista máis exitoso de todos os tempos".
- ↑ Amplamente loubados por transformar o vídeo musical (considerado unha ferramenta promocional) nunha forma de arte.
- ↑ Bucci, Paul e Wood, Graeme. Michael Jackson RIP: One billion people estimated watching for gold-plated casket at memorial service. The Vancouver Sun, 7 de xullo de 2009.
- ↑ "3,4 millones de televidentes despiden a Jackson" (en castelán). elpais.com. 09-07-2009. http://www.elpais.com/articulo/Pantallas/34/millones/televidentes/despiden/Jackson/elpepirtv/20090709elpepirtv_3/Tes. Consultado o 09-07-2009.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web oficial (en inglés)