Folga xeral
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chamamento á folga xeral en Alemaña (Vorwärts, 9 de novembro de 1918) no comezo da Revolución de Novembro.
Unha folga xeral é unha acción de protesta levada a termo por toda a forza de traballo dunha cidade, comarca, rexión ou país, consistente en deixar de traballar e manifestarse nas rúas para conseguir un obxectivo económico ou político. A finais do século XIX e inicios do século XX foron frecuentes porque os movementos sindicais tiñan unha grande influencia a nivel internacional.
As folgas xerais foron frecuentes en España durante as primeiras décadas do século XX impulsadas polos movementos anarquistas, así como nos últimos anos da ditadura franquista.
A folga xeral máis importante dos últimos anos aconteceu en París durante o mes de maio de 1968.
Índice |
Folga xerais salientábeis [editar]
- Folga xeral de 1917 en España.
- Folga xeral de 1918 en Suíza.
- Folga xeral de 1919, en Barcelona.
- Folga xeral de 1932 en Xenebra.
- Folga xeral revolucionaria de 1934 en España (principalmente en Asturias e Cataluña).
- 1936 (en Francia).
- A Folga xeral do inverno 1960-1961 en Bélxica.
- Maio de 1968.
- Revolución laranxa en Ucraína, (2004).
Folga xeral en Galicia e España desde 1981 [editar]
- 1981, tralo golpe de estado do 23 de febreiro de 1981.
- 1985, 20 de xuño[1]
- 1988, 14 de decembro[1]
- 1992, 28 de maio[1]
- 1994, 27 de xaneiro[1]
- 2002, 20 de xuño[1]
- 2003, 10 de abril
- 2010, 29 de setembro[1]
- 2011, 27 de xaneiro
- 2012, 29 de marzo[2]
- 2012, 14 de novembro
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 DOCUMENTACIÓN EL PAÍS (con datos de EFE y elaboración propia) (14.xuño.2010). "Las huelgas generales de la democracia" (en en castelán) (HTML). El País. http://economia.elpais.com/economia/2010/06/14/actualidad/1276500781_850215.html. Consultado o 27 de marzo de 2012.
- ↑ Manuel V. Gómez / Soledad Alcaide / José Luis Aranda (29.xuño.2012). "HUELGA GENERAL DEL 29-M: La jornada de huelga general culmina con manifestaciones masivas en toda España" (en en castelán) (HTML). El País. http://politica.elpais.com/politica/2012/03/28/actualidad/1332958776_265683.html. Consultado o 5 de abril de 2012.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- The Mass Strike de Rosa Luxemburg (1906) (en inglés)