Médicos Sen Fronteiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Médicos Sen Fronteiras (MSF) Premio Nobel
MSF front door in Chad.jpg

Logo da organización nunha porta no Chad
Presentación
Data fundación 20 de xullo de 1971
Localización Xenebra, Suíza
Orixes Francia
Area servida Mundial
Método Organización médica humanitaria
Ingresos Donacións privadas
Voluntarios 26.000
Secretario Joanne Liu
Páxina web msf.org
Premios Premio Nobel da Paz en 1999
Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 1991

Médicos Sen Fronteiras (MSF) (en francés:Médecins sans frontières) é unha Organización non gobernamental fundada en Francia o 20 de xullo de 1971 por un grupo de médicos. A organización foi fundada na idea de que todo o mundo ten dereito a unha asistencia médica, independentemente da súa nacionalidade.[1]


É a maior organización privada de axuda humanitaria do mundo. Cun orzamento total de 365 millóns de euros e 2,2 millóns de donantes, MSF enviou ao redor de 3.000 profesionais a 77 países durante o período de actividades 2002-2003. A sección española de MSF representa cerca do 10% do total, con 230.000 socios e colaboradores, 30 millóns de euros de orzamento e 300 profesionais enviados a diferentes proxectos. A asistencia que MSF proporciona baséase únicamente nas necesidades das poboacións. A análise e a acción de MSF están libres de calquera presión política, económica, militar ou relixiosa.

En MSF non toman partido por ningunha das partes enfrontadas nun conflito. Velan que a asistencia beneficie ás vítimas, non os verdugos. Pero MSF non asumen a neutralidade como un silencio cómplice en caso de violacións graves de dereitos humanos ou do Dereito Internacional Humanitario.[2]

Orixe e obxectivos[editar | editar a fonte]

Un traballador da saúde de MSF examina a nenos malnutridos

Dedícase principalmente á axuda de poboacións en situación precaria e as vítimas de conflitos, fame e catástrofes de orixe natural. A súa experiencia médica comezou na guerra de Biafra (1968 - 1969) dentro do dispositivo da Cruz Vermella. Entón non era senón no marco de Cruz Vermella, a ONG máis gobernamental (máis aínda que agora), na que se podía actuar

O 1991 foi galardonada, xunto Medicus Mundi, co Premio Príncipe de Asturias da Concordia e o 1999 recibiu o premio Nobel da Paz. O comité Nobel de Noruega concedeullo por ser pioneira no traballo humanitario en varios continentes.

Hoxe en día, conta con máis dun millón e medio de socios, dous mil voluntarios traballando en programas humanitarios en setenta países e outros mil en labores administrativas. Prevén e tratan algunhas enfermidades como a tuberculose, o sida e a meninxite.

Notas[editar | editar a fonte]