NAACP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A NAACP (The National Association for the Advancement of Colored People ou Asociación Nacional para o Progreso da Xente de Cor), é unha das máis antigas e influentes organizacións polos dereitos civís dos Estados Unidos. Fundouse en 1909 para traballar polo progreso dos afroamericanos. En 2004 tiña 500.000 membros

Historia[editar | editar a fonte]

En 1905 un grupo de 32 líderes da comunidade afroamericana dirixidos por W.E.B. DuBois xuntáronse nun hotel da banda canadiana das Cataratas do Niágara (para evitar as leis segregacionistas que segregaban os hoteis), polo que se lles coñeceu como o Movemento Niágara, e fixeron un chamamento para a fin das discriminacións raciais, en 1906 uniuselles un xudeu e dous brancos. Unha xuntanza estaba prevista para o 12 de febreiro de 1909, aniversario do nacemento de Abraham Lincoln, pero tivo que se retrasar para o 3 de maio, e o 30 de maio de 1909 tomou o nome de NAACP (aínda que o NAACP mantén o 12 de febreiro como data de fundación do movemento).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Web oficial do NAACP (en inglés)