Spice Girls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spice Girls
Spicegirlscologne.JPG
Orixe Inglaterra Inglaterra
Período 1994 - 2000
2007 - actualidade
Xénero(s) Pop, Dance
Selo(s) discográfico(s) Virgin Records
Membros Victoria Beckham (1994-2000 // 2007 - )
Emma Bunton (1994-2000 // 2007 - )
Melanie C (1994-2000 // 2007 - )
Geri Halliwell (1994-1998 // 2007 - )
Melanie Brown (1994-2000 // 2007 - )
Na rede
Sitio Oficial

As Spice Girls son un grupo vocal feminino do Reino Unido. Gozaron de grande éxito comercial entre 1996 e 2000, cunhas cifras de vendas que rondan 55 millóns de exemplares vendidos entre discos e sinxelos. Foron tamén coñecidas por popularizar o termo Girl Power. Orixinalmente, o grupo estaba composto por Victoria Adams, Emma Bunton, Melanie Chisholm, Melanie Brown e Geri Halliwell, pero esta última abandonouno en 1998 para continuar coa súa carreira en solitario. As catro restantes continuaron xuntas ata 2000. A partir de entón, cada unha seguiu a súa carreira como solista.

Se ben os alcumes non foron unha idea do grupo, o público aceptounos amplamente.

Unha imaxe coidada e unhas letras feministas (lideraron o Girl Power quinceañeiro) puideron ser algunhas das causas que lles garantiron unha sólida base entre o público adolescente.

O éxito[editar | editar a fonte]

O 8 de xullo de 1996 publicaron o seu primeiro sinxelo, "Wannabe", no Reino Unido. Entrou nas listas de éxitos no número 3, pero á segunda semana xa era número 1, e alí permaneceu durante sete semanas, converténdose no segundo sinxelo mellor vendido do ano. Nos meses seguintes, a canción expandiuse por diversos países de Europa e, máis tarde, polos Estados Unidos.

Os seguintes sinxelos, dun corte máis lento en canto á melodía, foron de igual forma un éxito. A finais de ano, publicouse o seu primeiro álbum, Spice, que se mantivo quince semanas no máis alto das listas de venda. As Spice Girls convertéronse no primeiro grupo en conseguir situar os seus primeiros catro sinxelos no número un de listas de venda no Reino Unido. Wannabe é o sinxelo que ocupou o primeiro lugar durante varios anos nos países europeos.

Spiceworld[editar | editar a fonte]

En outubro de 1997, as Spice Girls comezaron a promocionar os sinxelos do seu segundo álbum. Corríxese neste momento o desfase de tempo que tiñan entre os distintos mercados, como o europeo e o norteamericano, e nesta ocasión levan a cabo a promoción de forma mundial. A data de lanzamento foi estratexicamente retardada para substituír máis facilmente ó por entón número un, Candle in the Wind, de Elton John.

As novas cancións mostraban certa evolución no grupo, e as críticas recibidas eran mellores cás do primeiro álbum. Conseguiron vender 18 millóns de copias. No Nadal de 1997, as Spice Girls convertíanse no primeiro grupo en ter os seus seis primeiros sinxelos no número 1 de listas de vendas no Reino Unido. A revista TOTP púxolles ás Spice Girls os alcumes de Scary (Mel B), Baby (Emma Bunton), Ginger (Geri Halliwell), Posh (Victoria Beckham) e Sporty (Melanie C), sendo orixinalmente o de Geri 'Sexy Spice'.

Declive[editar | editar a fonte]

Para entón, as "rapazas picantes" xa despediran ó seu representante, Simon Fuller, o que levou certa controversia á súa propia relación. Unido a isto, Stop, o seu sétimo sinxelo, quedou ás portas do xa típico nº1, alcanzando o segundo.

Uns meses despois, o grupo comezou unha xira mundial que percorrería os principais países de Europa e América. A piques de embarcárense nos concertos ó outro lado do charco, en xaneiro do 98, David Beckham e Victoria anunciaron o seu compromiso.

Spice World, a película[editar | editar a fonte]

Sendo Simon Fuller aínda o representante asinara un contrato para facer Spice World O Mundo das Spice Girls, coa participación especial de Elton John.

A principios de 1998, produciuse o lanzamento da película, Spiceworld: The Movie, na liña dalgunhas das de The Beatles, e dirixida por Bob Spiers. A película foi directa ó número 1 en EEUU e no Reino Unido. Non obstante, foi nominada entre as Peores Películas no Reino Unido, e as Spice Girls entre as peores actrices. A película conta coa intervención de coñecidos actores ingleses como Roger Moore (007), Alan Cumming (Rondador Nocturno en X-Men 2), Richard O'Brien (Riff-Raff en The Rocky Horror Picture Show) ou o coñecido doutor House, Hugh Laurie.

Viva Forever[editar | editar a fonte]

Viva forever, foi o último sinxelo das Spice Girls en compañía de Geri Halliwell. Na canción, Ginger Spice, non tivo un solo na canción, como as demais. Seica non houbo tempo para gravaren unha pista cada unha, por iso o vídeo trataba dunhas fadas de xoguete que facían delas e actuaban coma elas.

Geri[editar | editar a fonte]

Xa a finais do 97 Geri Halliwell (Ginger Spice), de 25 anos, tinguiuse o pelo de cor laranxa, non cargando xa coa súa melena roxa e atrevida como antes. En maio de 1998 é o último concerto das Spice Girls con Geri (The Lady Is A Vamp, en Estocolmo). Tras moitas discusións coas súas compañeiras, Ginger Spice abandona o grupo polas súas diferenzas e para continuar a súa carreira en solitario. A súa mensaxe para os fans foi: "Tristemente, debo deixar o Grupo por causa das nosas diferenzas e o meu desexo de traballar en solitario. Espero que sigan facendo un bo traballo e que sexan as mellores. P.D. Volverei"

Goodbye, Geri[editar | editar a fonte]

En 1998 as Spice Girls escribiron Goodbye en honor a Geri Ginger Spice. O sinxelo de Nadal non saíu á venda ata decembro, e a canción non foi incluída ata o primeiro álbum sen Geri, último das Spice Girls. En 1999, Victoria Adams casa co famoso xogador de fútbol inglés David Beckham. Durante 1998 e 1999 as Spice deron varios concertos, como os de "Back in Britain Live @ Wembley Stadium" e "Live @ Earls Court".

Forever[editar | editar a fonte]

O resto do grupo, pola súa parte, seguía unido e preparaba o seu terceiro álbume, Forever, que tería un comportamento aceptable en todo o mundo, superando os 4 millóns de copias. Os dúos sinxelos extraídos deste álbum (Holler e Let love lead the way) foron nº1 no Reino Unido e outros países como Brasil. Sen embargo, as rapazas picantes decidiron cancelar a xira mundial que tiñan preparada. No 2000 disólvese o grupo, e cada unha delas continúa a súa carreira como solista.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • 1996 Spice (24 millóns de discos vendidos no mundo).
  • 1997 Spiceworld (17 millóns de discos vendidos no mundo).
  • 2000 Forever (5 millóns de discos vendidos no mundo).
  • 2007 Greatest Hits

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • 1996 "Wannabe" (7'5 millóns de vendas en todo o mundo)
  • 1996 "Say You'll Be There" (900.000 copias no Reino Unido)
  • 1996 "2 Become 1" (2'5 millóns de vendas en todo o mundo)
  • 1997 "Who Do You Think You Are?/Mama" (600.000 copias no Reino Unido)
  • 1997 "Spice Up Your Life" (800.000 copias no Reino Unido)
  • 1998 "Too Much" (600.000 copias no Reino Unido)
  • 1998 "Stop" (300.000 copias no Reino Unido)
  • 1998 "Viva Forever" (800.000 copias no Reino Unido)
  • 1998 "Goodbye" (2'5 millóns de vendas en todo o mundo)
  • 2000 "Holler" / "Let Love Lead The Way" (200.000 copias no Reino Unido)
  • 2007 "Headlines (Friendship Never Ends¨)" (+10,000 copias no Reino Unido; dúas semanas en lista)

Récords e logros[editar | editar a fonte]

  • Grupo feminino con maior número de vendas da historia.
  • Primeiro (e único feminino) grupo en ter os seus seis primeiros sinxelos no número 1 de vendas no Reino Unido.
  • Grupo feminino con maior número de sinxelos que alcanzan o número 1 no Reino Unido.
  • Xunto a The Beatles, o grupo con maior número de sinxelos top 1 en Nadal.
  • Wannabe é o sinxelo dun grupo feminino máis vendido do mundo.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]