Francois Pienaar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Francois Pienaar, nado o 2 de xaneiro de 1967 en Vereeniging (Sudáfrica), é un xogador de rugby retirado, que xogaba na posición de 3ª liña. En 1995 acadou a vitoria na Copa do Mundo de Rugby como capitán da Selección de rugby de Sudáfrica. En 2005 foi incluído no International Rugby Hall of Fame.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1989 e 1996 defendeu as cores de Transvaal na Currie Cup, acadando os campionatos de 1993 e 1994. En 1996 deixou Sudáfrica e marchou a xogar á Premiership inglesa no equipo dos Saracens, conxunto co cal xogou ata o ano 2000, acadando un título na Tetley's Bitter Cup en 1998, ano no que tamén foi subcampión da Premiership.

Como xogador internacional, debutou en 1993 cos Springboks, e xogou o seu último encontro en 1996. Disputou 29 encontros coa súa selección, todos eles como capitán, sendo memorable a súa participación no Mundial de 1995. Na final recibiu o trofeo Webb Ellis de mans de Nelson Mandela, nun simbólico acto que representaba a unidade nacional entre brancos e negros na Sudáfrica post Apartheid.

Actualmente adícase a comentar encontros de rugby nas retransmisións da canle deportiva inglesa ITV Sport.

Equipos Tempadas Títulos
Transvaal 1989 - 1995 2 Currie Cup (1993, 1994)
Saracens 1996 - 2000 1 Tetley's Bitter Cup (1998)
Springboks 1993 - 1996 1 Mundial (1995)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]