Klas Pontus Arnoldson
Klas Pontus Arnoldson, nado en Gotemburgo o 27 de outubro de 1844, finado en Estocolmo o 20 de febreiro de 1916, foi un político, xornalista e pacifista sueco, galardoado co premio Nobel da Paz en 1908.
Tras traballar durante dez anos nos ferrocarrís suecos, foi electo membro do Parlamento (Riksdag). Ao longo do seu mandato (1882-1887) traballou por lograr unha neutralidade permanente nos países escandinavos.
En 1883 fundou a Sociedade Sueca pola Paz e a Arbitraxe, onde ocupou o cargo de secretario durante varios anos. Debido a isto, así tamén pola súa participación nos esforzos para evitar a guerra con Noruega en 1905, compartiu en 1908 o premio Nobel da Paz co danés Fredrik Bajer.
En 1900 escribiu A esperanza dos séculos en relación cos adiantos obtidos a favor da paz.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Nobel Committee information on 1908 Peace laureates
- Klas Arnoldson at Find-A-Grave