Adulterio

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Muller adúltera, obra de Daniel Hopfer
Muller adúltera, obra de Daniel Hopfer
Muller adúltera na Fachada das Praterías en Santiago de Compostela
Muller adúltera na Fachada das Praterías en Santiago de Compostela

Adulterio é ter relacións sexuais consentidas unha persoa casada fóra do matrimonio. Nalgúns países unha persoa solteira que mantén relacións sexuais cunha persoa casada tamén é considerada adúltera. Un matrimonio no que os cónxuxes consideran aceptable teren relacións sexuais fóra do matrimonio denomínase matrimonio aberto e non se consideran adúlteros aínda que nalgúns países si que o podan ser legalmente.

Historicamente o adulterio estaba castigado severamente, incluída mesmo a pena de morte, tipicamente o apedramento. Na actualidade o adulterio é aínda ilegal nalgúns estados como en Corea do Sur e Taiwán e en boa parte dos países musulmáns. En Galicia, como no resto de España, o adulterio estivo penalizado ata o 19 de febreiro de 1978. Segundo a lei 2/2006 de dereito civil de Galicia o adulterio é unha das causas polas que se pode desherdar sempre que fose reiterado ou grave.

Ferramentas persoais