Elie Wiesel
Eliezer Wiesel, nado o 30 de setembro de 1928, é un escritor romanés sobrevivente dos campos de concentración nazis. Adicou toda a súa vida a escribir e falar sobre os horrores do Holocausto, coa firme intención de evitar que se repita no mundo unha barbarie semellante. Foi galardoado co Premio Nobel da Paz en 1986.
Biografía [editar]
Wiesel naceu en 1928 e aos 16 anos foi capturado polos alemáns, do mesmo xeito ca os demais xudeus do seu pobo. Tras chorar a morte de todos os seus familiares en Auschwitz e Buchenwald, estudou na universidade da Sorbona, en París, e posteriormente traballou en xornais de Israel, Francia e Estados Unidos de América, onde se estableceu dende 1956.
Autor de tres novelas sobre as súas vivencias durante aqueles anos de represión e morte (A noite, A alba e O día; publicadas en galego baixo o título de Triloxía da noite), gañou o Premio Nobel da Paz en 1986. O 16 de maio de 1944, a familia Wiesel, como outras tantas familias xudías, embarcábanse nun tren rumbo ao campo de concentración de Birkenau. "É a primeira parada, logo veñen Auschwitz e Buchenwald. É noite pechada, tebras exteriores ás que son arroxadas, xunto a tantos xudeus asasinados ou sobreviventes, as nosas entrañas de humanidade, o noso manancial de profunda compaixón". A noite (1956-1958), foi o título que máis fama lle deu a Wiesel.