Soccer City
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Xohanesburgo, Sudáfrica |
| Arquitecto | Boogertman & Partners |
| Custo | $440 millóns |
| Inauguración | 1989 |
| Renovación | 2009 |
| Superficie | Céspede |
| Capacidade | 94.700 |
| Propietario | Stadia and Soccer Development Trust |
| Localía | Selección de Sudáfrica |
| Eventos | |
|
|
O Soccer City, chamado por motivos publicitarios FNB Stadium (First National Bank), é un estadio de fútbol localizado en Xohanesburgo, Sudáfrica, que foi sede de partidos da Copa Mundial de Fútbol de 2010, entre os cales estiveron o partido inaugural e a gran final entre os Países Baixos e España.[1]
Foi construído en 1987, e dispuña de 78.000 espectadores. Foi parcialmente demolido para o mundial de 2010, e a súa capacidade ampliada a 94.700 espectadores sentados, o que o converte no estadio máis grande de África. A maioría dos grandes acontecementos futbolísticos de Sudáfrica desenvólvense no FNB, xa que se adapta mellor a estes eventos que o próximo Ellis Park, onde se disputou a final da Copa do Mundo de Rugby de 1995. Soweto e o Centro Nacional de Exposicións en Nasrec están nas súas proximidades. Unha vez remodelado, volveu ser sede de partidos internacionais da selección de fútbol de Sudáfrica, disputando o primeiro deles contra Colombia, o 27 de maio de 2010.
Índice |
Eventos [editar]
No Soccer City xogouse a final da Copa Africana de Nacións 1996, na que Sudáfrica quedou campioa. Tamén foi escenario do primeiro discurso multitudinario de Nelson Mandela, tras a súa liberación en 1990. En 1993 celebráronse no estadio os funerais por Chris Hani, o líder do Partido Comunista de Sudáfrica.
Copa do Mundo 2010 [editar]
- Artigo principal: Copa Mundial de Fútbol de 2010.
Soccer City albergará o 11 de xuño de 2010 o partido inaugural do campionato, entre a elección do país anfitrión e a selección de México, e despois catro da primeira rolda, un de oitavos de final, outro de cuartos de final e a gran final. O estadio someteuse a unha importante renovación para o torneo, cun novo deseño inspirado na cerámica tradicional africana. O nivel superior estenderase en todo o estadio para aumentar a capacidade a 94.700 espectadores, con 99 suites executivas. Inclúe a construción dunha cuberta elíptica, novas instalacións de vestiarios e nova iluminación. As obras foron adxudicadas ao consorcio Grinaker-LTA, e comezaron en febreiro de 2007. En xullo de 2009, o estadio estaba practicamente completado, faltando só por plantar o céspede,[2] culminando as obras en decembro de 2009.
Partidos [editar]
Soccer City albergou durante o campionato oito encontros (incluíndo o partido inaugural e a final): cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final, un de cuartos e a final. Os partidos foron os seguintes:[1]
| Data | Fase | Equipo | Resultado | Equipo | Espectadores | ||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 11 de xuño | Primeira rolda | Sudáfrica |
|
México |
|
||
| 14 de xuño | Primeira rolda | Países Baixos |
|
Dinamarca |
|
||
| 17 de xuño | Primeira rolda | Arxentina |
|
Corea do Sur |
|
||
| 20 de xuño | Primeira rolda | Brasil |
|
Costa do Marfil |
|
||
| 23 de xuño | Primeira rolda | Gana |
|
Alemaña |
|
||
| 27 de xuño | Oitavos de final | Arxentina |
|
México |
|
||
| 3 de xullo | Cuartos de final | Uruguai |
|
Gana |
|
||
| 11 de xullo | Final | Países Baixos |
|
España |
|
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||