Pobo hutu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hutu»)
Pobo hutu
Poboación
Poboación total:
18,5 millóns
Rexións principais:
Aspectos culturais
Linguaruanda, inglés e francés
RelixiónCristianismo
Grupos
relacionados
Outros pobos bantús, especialmente os tutsis e os twa

Os hutus[1] é o nome dado a un dos tres grupos étnicos que ocupan Burundi e Ruanda. Os hutus son o maior grupo dos tres. O 90% dos ruandeses e o 85% dos burundianos son hutus. Culturalmente trátase dunha división artificial, baseada máis na clase social que nas diferenzas étnicas, dado que non hai diferenzas lingüísticas ou culturais entre os hutus e os demais grupos étnicos da zona, principalmente os tutsi. Historicamente, porén, había diferenzas físicas, principalmente na altura media. Os hutus e os tutsi comparten a mesma relixión e linguaxe (son católicos e de idioma bantú). Algúns estudosos sinalan tamén o importante papel que teñen os colonizadores belgas en crear a idea dunha raza hutu e unha raza tutsi.

Os hutus chegaron á rexión dos Grandes Lagos ao redor do século I d.C., desprazando aos twa. Os hutus dominaron a zona cunha serie de pequenos reinos ata o século XV. Crese que nesa época entraron os tutsi na zona dende Etiopía e conquistaron aos hutus. A monarquía tutsi sobreviviu ata o fin da era colonial nos anos cincuenta, usando e codificando os gobernantes belgas a división étnica para apoiar o seu dominio. A monarquía tutsi caeu cedo e a zona foi dividida en Ruanda e Burundi en 1962. Os tutsi, porén, permaneceron dominantes en Burundi mentres que os hutus gañaron un certo grao de control en Ruanda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrada hutu en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2018. Consultado o 02 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]